Partido Moderado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
Os ''moderados'' ou ''liberais moderados'' son a continuación dos ''[[doceañistas]]'' do [[Trienio liberal|Trienio Liberal]] (opostos aos ''exaltados'' ou ''[[vinteañistas]]'') que nos últimos anos do reinado de [[Fernando VII]] levaron a cabo unha aproximación aos elementos menos absolutistas próximos ao poder. Trala morte do rei, apoiaron a sucesión de Isabel (a filla maior do rei, unha nena de tres anos) baixo a rexencia da raíña nai (María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias) e esta sempre procurou mantelos no poder. Do sistema político quedaron afastados os carlistas (partidarios dun [[absolutismo]] rigoroso e do [[Antigo Réxime]] representado pola sucesión do varón con máis dereito: o infante [[Carlos María Isidro de Borbón]]).
 
O partido créase en 1834, arredor da presidencia de Francisco Martínez de la Rosa, que recolle dende absolutistas que apoiaron a Fernando VII, até carlistas arrepentidos e xente nova da clase media que é rexeitada polos vellos progresistas<ref>{{Cita libro|título=Orígenes y evolución de la derecha española: el neo-catolicismo|apelidos=Urigüen|nome=Begoña|editorial=CSIC-Centro de Estudios Históricos|ano=1986|ISBN=84-00-06157-8|lugar=Madrid|páxina=78|ref=}}</ref>. Tras uns anos de predominio progresista, ocupou o poder de forma continuada durante a chamada ''[[Década moderada]]'' (1843-1854) baixo o liderazgo do xeneral [[Ramón Maríaxeneral Narváez|Narváez]], e tralo [[Bienio Progresista|Bienio progresista]] (1854-1856) volveu ao poder aliado á [[Unión Liberal (1858)|Unión Liberal]].
[[Ficheiro:Ramon Maria de Narvaez by Vicente Lopez 1772 1850.jpg|miniatura|Ramón María Narváez.]]
Trala [[revolución de 1868]], e a [[Constitución de 1869]] non obtivo representación nas novas Cortes e perdeu todo o seu poder. Unha vez rematado o [[Sexenio Democrático|sexenio democrático]] e [[Restauración borbónica en España|restaurada a monarquía en 1874]], a maior parte dos moderados acabarían entrando no [[Partido Liberal-Conservador]], baixo a dirección de [[Antonio Cánovas del Castillo|Cánovas del Castillo]] que artellou manobras para dividilo e absorvelo<ref>{{Cita libro|título=Los amigos políticos: partidos, elecciones y caciquismo en la Restauración (1875-1900)|apelidos=Varela Ortega|nome=José|editorial=Marcial Pons Historia|ano=2001|ISBN=84-95379-13-9|lugar=Madrid|páxina=117|ref=}}</ref> e converterse no líder do bloque monárquico conservador.<ref name=":0">{{Cita libro|título=La Europa del sur en la época liberal: España, Italia y Portugal: una perspectiva comparada|apelidos=Gómez Ochoa|nome=Fidel|editorial=Universidad de Cantabria/Università di Cassino|ano=1998|ISBN=84-8102-204-7|apelidos-editor=Casmirri|nome-editor=Silvana|lugar=Santander|páxinas=177-201|capítulo=El conservadurismo liberal español y el italiano durante la formación del Estado liberal: 1848-1876. Un análisis comparado del Partido Moderado y la Destra Storica|ref=|apelidos-editor2=Suárez Cortina|nome-editor2=Manuel}}</ref>