Manuel Ruiz Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
Estudou [[filosofía]] en [[Valladolid]]. Despois, en [[Madrid]] estudou Xurisprudencia na [[Universidade de Madrid|Universidade Central de Madrid]] (nome orixinal da actual [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Complutense]]). En dous anos rematou os estudos de xurisprudencia e matriculouse en Leis acadando a licenciatura en [[1857]]. En [[1856]] fora nomeado comandante da [[Milicia Nacional]] de [[Soria]], accedendo deseguida á Deputación Provincial. Grazas a este pequeno empurrón político trasladouse a Madrid, onde foi nomeado Deputado Nacional polo [[Partido Progresista]] en [[1858]].
 
Nesa época comezou a súa amizade con [[Práxedes Mateo Sagasta]]. Destacou na [[Sublevación do Cuartelcuartel de San Gil]] ([[1866]]), polo que foi [[Pena capital|condenado a morte]] e tivo que fuxir de España. Dende o exilio dirixiu conspiracións para derrocar a [[Isabel II de España|Isabel II]]. Triunfante a [[Revolución de 1868]], como un dos líderes do Partido Progresista sostivo que os progresistas debían asumir o programa democrático.
 
Encargouse da [[Ministerio de Fomento de España|carteira de Fomento]] no goberno provisional de [[Francisco Serrano Domínguez|Francisco Serrano]], estableceu a liberdade de ensinanza e decretou o traspaso de materiais de bibliotecas e arquivos relixiosos ao [[Estado]] e introduciu reformas na ensinanza universitaria. Formou parte do goberno de [[Joan Prim i Prats|Prim]] como [[Ministerio de Xustiza de España|Ministro de Xustiza]] ([[1869]]), onde comezou a reforma lexislativa para adaptarse á nova [[Constitución española de 1869|Constitución]], á morte de Prim converteuse no líder do Partido Progresista. Foi designado Presidente das Cortes Constituíntes e proclamou a [[Amadeo de Savoia]] como rei de España. Durante o reinado deste, presidiu o Goberno en dúas ocasións, entre o [[24 de xullo]] e o [[4 de outubro]] de [[1871]] e do [[13 de xuño]] de [[1872]] e o [[10 de febreiro]] de [[1873]], entre outras medidas aboliu a escravitude en [[Porto Rico]] e creou o Banco Hipotecario. En febreiro de 1873 Amadeo renunciou á Coroa de España e Ruiz Zorrilla retirouse da política. Cando abdicou o monarca, acompañouno ao exilio. Estableceuse en [[Baiona, Francia|Baiona]] (Francia) e logo en [[París]].