Emilio Castelar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
Pertencía a unha familia de raizame liberal perseguida pola represión [[Absolutismo|absolutista]]. Completou o bacharelato en [[Alacant]] e trasladouse posteriormente a [[Madrid]] para estudar Filosofía e Dereito. Desde moi novo demostrou as súas inquietudes políticas e asombrou polos seus dotes de orador hábil e elocuente, revelados por primeira vez en 1854 no mitin electoral celebrado no Teatro Real.
 
Despois as críticas á monarquía dende o seu propio xornal, ''La Democracia'', fundado en 1863, provocan a expulsión da súa cátedra en 1865. Un ano máis tarde tivo que fuxir a Francia ao ser descuberto como un dos implicados no [[Sublevación do cuartel de San Gil|pronunciamento do cuartel de San Gil]] (coñecido como a ''rebelión dos sarxentos'').
 
Comezou entón un azaroso exilio de dous anos (entre 1866 e 1868) que, pese ao sufrimento que lle provocou o arredamento da súa patria, Castelar cualifica de "grande escola". Durante este tempo tivo ocasión de percorrer varios países europeos (Francia, Suíza, Italia, Inglaterra, Alemaña) e de coñecer a importantes estadistas, políticos, pensadores e escritores (Victor Hugo, Gambetta, Julio Simon). Ademais, colaborou como correspondente nos principais xornais de Latinoamérica. ''El Siglo'' (Montevideo), ''El Monitor Republicano'' (México), ''La Nación'' (Bos Aires), ''La Raza Latina''(...). Estas colaboracións axudáronlle a equilibrar a súa maltreita economía.