Limiar de pobreza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Participios
Furado (conversa | contribucións)
m ligazón interna
Liña 1:
En economía, o '''limiar de pobreza''' (coñecido tamén como '''soleira de pobreza''' ou '''liña de pobreza''') é o nivel de ingresos por debaixo do cal unha familia é incapaz de satisfacer as [[necesidade]]s dos seus membros. Na práctica, coma na definición de [[pobreza]] para a que tampouco existe unha única definición, discútese como e onde situar a liña de pobreza. Diferentes países tenden a usar diferentes limiares de pobreza. O limiar de pobreza que se usa nas nacións desenvolvidas é xeralmente máis alto có que usan os países do [[Terceiro Mundo]].
 
Cando se fan comparacións internacionais co obxecto de comparar niveis de [[benestar]] económico entre varios países emprégase un mesmo limiar de pobreza servíndose de datos expresados en [[paridade de poder de compraadquisitivo]] (en inglés PPP 'purchasing power parity'). Comparando o poder adquisitivo dos fogares poden salvarse as flutuacións de [[cambio]] e franquearse as diferenzas entre os [[prezo]]s das distintas economías.
 
Cando se di que se vive por menos de 1 dólar ó día debe entenderse que o consumo diario de [[bens]] e [[servizos]] é comporable á cantidade de bens e servizos que se poden comprar nos Estados Unidos por $1. Os bens producidos por un mesmo e os servizos públicos tamén estarían comprendidos nesta medición. O limiar de pobreza é útil como ferramenta económica coa que medir as persoas que viven en pobreza e implementar [[reformas socioeconómicas]] coma os seguros de desemprego para reducir a pobreza.