Cancioneiro da Biblioteca Nacional: Diferenzas entre revisións

sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
[[Ficheiro:Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa 1525-1526 - 355 f (2 colns, 31-40 lin.) 28 cm.pdf|miniatura|page=29|Cancioneiro Colocci-Brancuti]]
O '''Cancioneiro da Biblioteca Nacional''' ou '''Cancioneiro Colocci-Brancuti''', coñecido coa sigla B (ou CB) <ref>{{Versaleta|[[Giuseppe Gavani|TAVANI, Giuseppe,G.]]}} (1998): ''A poesía lírica galego-portuguesa'', 2ª ed,. Ed. Galaxia, 1988, páxina 52.</ref>, é unha das tres colectáneas de lirismo [[trobadorismo|trobadoresco]] [[galaico-portugués]] (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e mal-dizer). Denomínase '''Cancionero da Biblioteca Nacional''' de [[Lisboa]], xa que foi adquirido en [[1924]] pola [[Biblioteca Nacional de Portugal]].
 
== Descrición ==
Este [[cancioneiro]] é un manuscrito cartáceo formado por 355 folios (numerados por Molteni) dun tamaño de 280 por 210&nbsp;mm con diversas lagoas. Son en total seis transcritores (incluído Colocci) quen traballarían no manuscrito; tradicionalmente supúñase que foran tres, mais os últimos estudos de Anna Ferrari indican que non foi así. Colocci transcribiu da súa propia man moitas rúbricas e apostilas marxinais, tamén algunhas ''razós'' esquecidas polos copistas, ademais de numerar progresivamente os textos, ou ben reproducir unha numeración precedente, presentando numerosas lagoas e duplicacións. Foi copiado en Italia por amanuenses ibéricos e italianos e compilado por Colocci a partir doutro(s) manuscrito(s) que non chegaron a nós. Os modelos dos apógrafos italianos puideron chegar a Italia na embaixada enviada por D. Manuel I de Portugal ao Papa León X (1514) en que figuraba [[Garcia de Resende]]. Alí serían copiados por Colocci dende o orixinal ou os orixinais e seu equipo creando os volumes dos que hoxe dispomos.
 
Trátase do [[cancioneiro]] máis abundante no número de composicións, pois contén 1567 cantigas dos tres grandes xéneros duns 150 autores<ref>{{Versaleta|[[Henrique Monteagudo|Monteagudo, H.]]}} et al. (1998): ''Tres poetas medievais da ría de Vigo''. GalaxiaEd. 1998Galaxia, páxina 50</ref><ref>{{Versaleta|[[Xosé Ramón Pena|Pena, X. R.]].}} (2002): ''Historia da literatura medieval galego-portuguesa''. Sotelo Blanco, 2002, p. 105-106.</ref> Ademais, contén fragmentos dun tratado de poética trobadoresca, a [[Arte de trobar]], e cinco [[lai]]s narrativos.
 
== Notas ==