Imperio Antigo de Exipto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios
excavar > escavar
Liña 13:
 
[[Ficheiro:Gizeh Cheops BW 1.jpg|esquerda|250px|miniatura|[[Pirámide de Queops]]]]
A '''IV dinastía''' (2726-2563 a.c.) é a dos grandes construtores de [[pirámide (construción)|pirámides]]. Os trazos típicos e esenciais deste tipo de sepultura real ficaron establecidos con unha das dúas que [[Snefru]], o fundador da dinastía, fixo constituír en [[Dahshur]]: pirámide con [[cámara sepulcral]] excavadaescavada debaixo, na rocha; foxo arrodeándoa, templo funerario e templo exterior, unido ao río mediante unha canle pola que chegaba o barco funerario. Tres dos seus sucesores, Khufu ([[Queops]]), [[Quefrén]] e Menkaure ([[Micerinos]]) foron os construtores das grandes pirámides de [[Giza]]: Khufu ergueu a Gran Pirámide; Khefren, ademais da súa pirámide mandou esculpir a [[Esfinxe]], e a terceira pirámide do complexo é a de Menkaure, que ficou inacabada debido á decadencia posterior. Kheops foi descrito posteriormente como un tirano cruel que escravizou aos seus súbditos.
 
Durante a '''V dinastía''' (2563-2423 a.c.) deixouse de construír grandes pirámides. As tumbas señoriais son, pola contra, máis suntuosas que con anterioridade, constrúense en provincias e decóranse con escenas cotiás. Reviviuse o culto a [[Ra (deus)|Re]] e á súa filla [[Hathor]], en honra a quen se ergueron varios templos.