André Paleólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''André Paleólogo''' (''Andreas Palaiologos'' ou ''Palaeologus),'' nado o en Morea o [[17 de xaneiro]] de [[1453]] e finado en [[Roma]] o [[17 de xaneiro]] de [[1502]], foi ''[[de iure]]'' [[Lista de emperadores bizantinos|Emperador bizantino]] e [[Despotado de Morea|Déspota de Morea]] desde 1465 até a súa morte en 1502.
==Traxectoria==
Era o sobriño de [[Constantino XI]] Paleólogo, o último emperador bizantino de [[Constantinopla|Constantinopla.]] Despois de que Constantino foi derrotado e asasinado polas forzas de [[Mehmed II]] o 29 de maio de 1453, André seguiu vivindo en [[Peloponeso|Morea]], que sería gobernada independentemente polo pai de André, [[Tomé Paleólogo]], o irmán menor de Constantino, até 1460. Nesta época fuxiu á [[península Itálica]] despois da invasión [[Imperio Otomán|otomá.]] Antes da súa entrada a Italia, Tomé e todos os seus fillos convertéronse á relixión [[Igrexa católica|católica.]]. Cando o seu pai faleceu en [[1465]], André quedou en Italia baixo a protección dos [[Estados Pontificios|Estados Pontificios.]] Viviu en Roma, chamándose a si mesmo ''Imperator Constantinopolitanus'' ("Emperador de Constantinopla"), e casou cunha romana chamada Catarina.
 
Durante a súa vida, creuse que André gastara enormes sumas de diñeiro dadas a el polo [[Papa|Papado.]] Con todo, historiadores modernos agora pensan que o diñeiro recibido do Papa era soamente o suficiente para un nivel de vida máis ben pobre.