André Paleólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 8:
Buscando diñeiro e unha mellor vida, André tratou de vender os dereitos á coroa bizantina, que lle correspondían a el ''[[de iure]]'' desde a morte do seu pai Tomé. [[Carlos VIII de Francia]] ao principio acordou comprar os dereitos de sucesión de André en 1494. Con todo Carlos falecería antes de realizar a transacción (7 de abril de 1498).
 
O irmán menor de André, [[Manuel Paleólogo]], arranxou un trato co [[sultán]] otomán [[Beyazid II]], traspasándolle os dereitos do trono bizantino por unha confortábel pensión, e aparteademais Manuel sería recibido como un invitado de honra. O sucesor do sultán tería aos fillos de Manuel, André e Xoán, convertidos ao [[Islam]], pero coa condición de facelos escravos, como ocorreu con outros membros da familia de Manuel despois da súa morte.
 
André morreu na pobreza en [[1502]], habéndolle vendido os seus títulos a [[Fernando II de Aragón e V de Castela|Fernando II de Aragón]] e a [[Isabel I de Castela]] (os Reis Católicos). Mentres a maioría dos eruditos pensan que André non deixou descendentes, Donald M. Nicol no seu libro''The Immortal Emperor'' recoñece como posíbeis descendentes de André a Constantino Paleólogo, que serviu na Garda Papal, e a unha María que casou co nobre ruso [[Mihail Vasilivich]] de Moscova.