Carlo II Tocco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m →‎Bibliografía: arranxo urlmorta con ligazón a texto completo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Carlo II era o fillo de [[Leonardo II Tocco]], o irmán máis novo e co-gobernante de [[Carlo I Tocco]], conde de [[Cefalonia]] e [[Zante]], duque de [[Lefkada|Leucas]], e gobernante de Epiro. En 1424 Carlo II e as súas irmás foron adoptados polo seu tío Carlo I. A irmá de Carlo II [[Maddalena Tocco]] casou co futuro [[Lista de emperadores bizantinos|emperador bizantino]] [[Constantino XI|Constantino XI Paleólogo]] en 1428, pero morreu en 1429.
 
En xullo 1429 Carlo II sucedeu ao seu tío Carlo I en todas as súas posesións. A súa sucesión foi oposta, con todo, polos fillos ilexítimos de Carlo I, dirixidos por Memnone. Memnone e os seus irmáns apelaron ao sultán otomán [[Murad II]] en busca de axuda para a obtención da herdanza do seu pai, e o sultán enviou debidamente unaunha forza baixo Sinan. O xeneral otomán entrou en negociacións coa facción anti-latina de Ioánnina e, despois de garantir os privilexios da nobreza, obtivo a rendición da cidade o 9 de outubro de 1430.
 
Carlo II continuou gobernando sobre os restos do seu principado en Epiro desde [[Arta]] como un vasalo otomán, mentres que os fillos ilexítimos do seu tío recibiron posesións en Acarnania como dependentes otománs. Carlo II morreu en outubro de 1448 e foi sucedido polo seu fillo [[Leonardo III Tocco]]. Despois da conquista otomá, os territorios de Tocco convertéronse nun ''[[sanjak]]'' baixo o nome de «Karli-Eli», derivado de Carlo II.