Diferenzas entre revisións de «Lista Swadesh»

sen resumo de edición
m (→‎Lista Swadesh: +control autoridades using AWB)
A lista Swadesh é un instrumento fundamental en [[lingüística comparativa|lingüística histórica comparativa]], [[glotocronoloxía]] e [[lexicoestatística]]. Está dirixida a poder establecer unha comparación medible entre o [[léxico]] ou [[vocabulario]] de dúas linguas entre as que se supón parentesco, de maneira que poida acharse o seu grao de diverxencia ao longo do tempo.
 
O principal problema que pretende resolver a lista Swadesh nestes labores de comparación é o de homoxeneizar a base de vocabulario sobre o que realizar [[inferencia]]s fiables. Ocorre que a maior parte do vocabulario dunha lingua cambia non por evolución histórica (que é o que permite establecer o parentesco e a diverxencia entre linguas irmás) senón por motivos que escapan ao control da pura lingüística. Principalmente os cambios non controlados débense a razóns culturais, motivos de difusión tecnolóxica (a palabra ''televisión'' atópase en case tódalas linguas actuais), políticos, económicos etc. En suma, existen demasiados factores culturais de consecuencias non predicibles que afectan ao vocabulario dunha lingua. Por esa razón, é altamente infiable facer comparacións sobre palabras como ''pataca'', que actualmente se atopa en todas as [[linguas romances]], dado que podería levarnoslevar á conclusion errónea de que é unha voz proveniente do [[latín]] ''**potatus'', algo imposible sendo que a pataca foi descuberta polos europeos no [[século XVI]]. Foron outras razóns culturais as que levaron a palabra ''pataca'' ao vocabulario das [[linguas romances]], pero non a evolucionevolución dunha palabra latina que nunca existiu.
 
Consciente deste problema, Morris Swadesh supuxo que, con todo, existia o que o chamaba ''vocabulario básico''. Non se trataba doutra cousa que dun vocabulario estable e non suxeito a cambios culturais, senón a unha evolucionevolución moito máis lenta e non influída por factores incontrolables. Este vocabulario básico tiña que carecer de conceptos culturais (e xa que logo impredecibles), tiña que ser común e susceptible de atoparse en calquera lingua e en calquera época de desenvolvemento da mesma. Por exemplo, a palabra ''neve'' non serve para comparar linguas tropicais da [[Africa Central]], nin ''television'' para comparar en [[lingua grega|grego]] clásico co moderno grego.
 
Este vocabulario básico constaba de palabras como ''auga'', ''man'' ou ''muller'', coñecidas en calquera cultura e tan fundamentais e simples que dificilmente fosen ser substituídas mediante préstamos doutras linguas. A lista Swadesh trata ser a plasmación deste vocabulario estable e prové aos lingüistas dun patrón fiable para a comparacioncomparación entre linguas.
 
A [[glotocronoloxía]] supón que existe unha taxa constante de cambio na evolución [[lingüística]]. Esa taxa calculouse nun 14% de palabras de vocabulario básico perdidas cada mil anos. Esta presunción foi altamente criticada pois está baseada en resultados obtidos para o grupo de [[linguas indoeuropeas]] e máis concretamente para as linguas romances. Non é razoable pensar que ata unha mesma lingua evolucione a unha taxa constante en dous momentos históricos distintos. Moito menos tódalas linguas poden compartir unha taxa de cambio idéntica sempre. Tamén se critica que a taxa obtida para as linguas indoeuropeas non ten por que aplicarse a tódalas linguas do planeta. En xeral, considérase que, mentres que a lista Swadesh estabilizou a base léxica da comparación glotocronolóxica, non ocorreu o mesmo coa taxa de cambio das linguas, que segue suxeita a multitude de factores culturais e históricos, todos eles incontrolables.
129.146

edicións