Retículo endoplasmático: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
engado control de autoridades |
Sen resumo de edición |
||
Liña 14:
O '''retículo endoplasmático''' ou '''endoplásmico''' ('''RE''') é un [[orgánulo]] [[Célula|celular]] que forma unha rede de [[membrana celular|membranas]] interconectadas que semellan [[cisterna]]s, tubos aplanados e sáculos comunicados entre si. Estes interveñen en funcións relacionadas coa [[tradución (proteínas)|síntese proteica]], o [[metabolismo]] de [[lípido]]s e algúns [[esteroide]]s, así como o [[Transporte celular|transporte intracelular]]. Atópase na [[célula eucariota]] pero non na [[Célula procariótica|procariótica]].
O retículo endoplasmático rugoso ten esa aparencia debido ós numerosos [[ribosoma]]s que ten pegados á súa membrana mediante unhas proteínas nomeadas [[
As células musculares teñen un retículo endoplasmático especial chamado retículo sarcoplásmico. Nas neuronas os chamados [[corpos de Nissl]] do seu citoplasma conteñen cisternas do retículo endoplasmático e moitos ribosomas. Durante o fraccionamento celular (separación das partes da célula no laboratorio) feito por [[ultracentrifugación]] diferencial, os fragmentos rotos do retículo endoplasmático forman unha especie de [[vesícula]]s chamadas [[microsoma]]s, que sedimentan no tubo de ultracentrifugación.
|