Río Indo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Arranxiños
extender > estender
Liña 61:
 
== Economía ==
O Indo é o provedor de recursos hídricos máis importantes nas chairas de Punjab e de Sindh (que constitúen a columna vertebral da agricultura e a produción de comida de [[Paquistán]]). O río é especialmente importante, xa que a choiva é escasa na parte baixa do val do Indo. As canles de rego foron inicialmente construídas pola xente da civilización do val do Indo, e posteriormente por enxeñeiros do [[Imperio Cuxano]] e do [[Imperio Mogol]]. A moderna irrigación foi introducida pola [[British East India Company]] en [[1850]] (a construción de modernas canles foi acompañada co arranxo das vellas). Os británicos supervisaron a construción dunha das máis complexas redes de rego do mundo. A presa de Guddu ten 1. 350 m de longo e rega [[Sukkur]], [[Jacobabad]], [[Larkana]] e [[Kalat]]. A presa de Sukkur atende a máis de 20.000 km2.
 
Despois da aparición de Paquistán, asinouse en [[1960]] un tratado de control de augas entre a [[India]] e Paquistán, garantindo que este último país recibiría auga do Indo e dos seus afluentes do oeste. O Proxecto Conca do Indo consitíu primeiramente na construción de dúas presas principais, a de Mangala no río Jhelum River e a de Tarbela no Indo, xunto coas súas presas subsidiarias. A Autoridade Paquistaní de Desenvolvemento de Auga e Enerxía levou a cabo a construción da canle Chashma-Jheluml (unindo as augas dos ríos Indo e Jhelum), extendendoestendendo a subministración de auga ás rexións de [[Bahawalpur]] e [[Multan]]. Paquistán construíu a presa de Tarbela preto de [[Rawalpindi]] (de 2. 743 metros de longo e 143 de altura, cun depósito de 80 km). A presa de Kotri, presto de [[Hyderabad]] ten 915 metros de longo e proporciona recursos adicionais a [[Karachi]]. A presa de Taunsa, preto de [[Dera Ghazi Khan]] produce 100. 000 quilowatios de electricidade. A extensa vinculación dos afluentes co Indo axudou a difundir os recursos hídricos ao val de [[Peshawar]], en [[Khyber Pakhtunkhwa]]. Os amplos proxectos de rego e presas proporcionan as bases para a gran produción de cultivos en Paquistán, como [[algodón]], [[cana de azucre]] e [[trigo]]. As presas tamén xeran electricidade para as industrias pesadas e os centros urbanos.
 
== Afluentes ==