Revolución Industrial: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 77.224.231.86 (conversa); cambiado á última versión feita por Elisardojm Etiqueta: Reversión |
extender > estender |
||
Liña 18:
Os inicios da industrialización europea hai que buscalos na [[Idade Moderna]]. Dende o [[século XVI]] enxergouse un avance no comercio, métodos financeiros, banca e un certo progreso técnico na [[Navegación marítima|navegación]], [[impresión]] ou reloxaría. Porén, estes avances sempre se vían lastrados por epidemias, constantes e longas guerras e fames que non permitían o espallamento dos novos coñecementos nin un grande crecemento demográfico. Segundo o historiador Angus Maddison, [[Europa Occidental]] experimentou un desenvolvemento demográfico practicamento nulo entre 1500 e 1800. A [[Renacenza]] marcou outro punto de inflexión coa aparición das primeiras sociedades capitalistas en [[Holanda (rexión)|Holanda]] e o norte de Italia. É a partir de mediados do [[século XVIII]] cando Europa comezou a afastarse do resto do mundo e a asentar as bases da futura sociedade industrial debido ao desenvolvemento, aínda primitivo, da [[industria pesada]] e a [[minaría]].<ref>Max Pietsch, ''La Révolution industrielle'', 1961. Consultado o 20 de marzo de 2012</ref><ref>David S. Landes, ''L'Europe technicienne ou le Prométhée libéré'' (''Europa e o progreso técnico''), 1980.</ref> A alianza dos comerciantes cos agricultores fixo aumentar a [[produtividade]], o que á súa vez provocou unha [[Transición demográfica|explosión demográfica]], acentuada a partir do século XIX. A Revolución Industrial caracterizouse pola transición dunha economía agrícola e manual a unha comercial e industrial<ref>Fernand Braudel, ''La Dynamique du capitalisme'' (''A dinámica do capitalismo''), 1985.</ref> cuxa ideoloxía baseábase no [[racionalismo]], a razón e a [[Cientifismo|innovación científica]].<ref>Christoph Buchheim, ''Industrielle Revolutionen''. ''Langfristige Wirtschaftsentwicklung in Großbritannien, Europa und Übersee'' (Traducido: ''Revolucións Industriais, o desenvolvemento a longo prazo do Reino Unido, Europa e o estranxeiro'').</ref>
Outro dos principais causantes da Revolución nace da necesidade.<ref>Bernard Rosier & Pierre Dockès, ''L'Histoire ambiguë. Croissance et développement en question'' (traducido: ''Historia ambigua, crecemento e desenvolvemento''), 1988.</ref> Aínda que nalgúns lugares da Europa como Gran Bretaña xa existía unha base industrial, as [[guerras napoleónicas]] consolidaron a industria europea. Debido á guerra, que se
== O proceso de industralización británica ==
|