Coleópteros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta10)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 25:
Os coleópteros teñen un [[exoesqueleto]] especialmente duro, incluíndo os élitros, aínda que algúns, como os [[estafilínidos]] teñen élitros moi curtos, e os [[meloidos]] teñen élitros brandos. A anatomía xeral dun coleóptero é bastante uniforme e típica dos insectos, aínda que hai varios exemplos novidosos, como as [[adaptación biolóxica|adaptacións]] que se observan nos [[escaravello acuático|escaravellos acuáticos]], que atrapan burbullas de aire baixo os élitros para usalo mentres están mergullados. Os coleópteros son [[Endopterygota|endopterigotos]], o cal significa que sofren unha [[metamorfose]] completa, experimentando unha serie de cambios ben aparentes e relativamente abruptos na estrutura corporal entre a eclosión do ovo e a etapa adulta, despois de pasaren por unha fase [[pupa]]l relativamente inmóbil. Algúns, como os [[lucánidos]] (por exemplo as vacalouras), teñen un marcado [[dimorfismo sexual]], os machos posúen [[mandíbula (artrópodos)|mandíbulas]] enormemente agrandadas que utilizan para loitar con outros machos. Moitos coleópteros son [[aposematismo|aposemáticos]], polo que teñen cores rechamantes e padróns de coloración de advertencia da súa [[toxicidade]], mentres que outros son [[mimetismo batesiano|imitadores batesianos]] inofensivos de ditos insectos. Moitos coleópteros, incluíndo os que viven en lugares areosos, teñen [[camuflaxe]]s efectivas.
 
Os escaravellos son insectos moi importantes na cultura humana, desde os [[escarabeo|escarabeos sagrados]] do [[Antigo Exipto]] á antiga arte asiática de ás de escaravellos (utiliza ás de escaravellos [[iridescencia|iridescentes]] para decorar) e o uso como [[mascotaanimal de compañía|mascotas]]s ou na [[loita de insectos]] para o entretemento e apostar. Moitos grupos de coleópteros teñen coloracións vivas e atractivas, polo que son coleccionados ou usados con fins decorativos. Unhas 300 especies son utilizadas como alimento humano, especialmente as [[larva]]s; entre as especies máis consumidas están as larvas do [[Tenebrio molitor|escaravello da fariña]] e do [[Dynastinae|escaravello rinoceronte]]. Porén, o maior impacto dos coleópteros na vida humana é na agricultura, explotación forestal e horticultura, xa que algúns son importantes pragas. Entre as pragas máis graves están as do [[Anthonomus grandis|gurgullo do algodoeiro]], o [[Leptinotarsa decemlineata|escaravello da pataca]], o [[Brontispa longissima|escaravello do coqueiro]] e o [[Dendroctonus ponderosae|escaravello do piñeiro]]. Porén, a maioría dos coleópteros, non causan danos económicos e moitos, como as [[xoaniña]]s (predadoras) e [[escaravello peloteiro|escaravellos peloteiros]] (que se alimentan de [[feces]]), son beneficiosos e axudan a controlar as pragas de insectos ou son bos para os [[ecosistema]]s.
 
== Etimoloxía ==