Miguel de Cervantes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fiz-g (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
na Wikipedia non precedemos os nomes propios de tratamentos de cortesía
Liña 34:
Conservouse unha providencia de Filipe II que data de [[1569]], onde manda prender a Miguel de Cervantes, acusado de ferir nun duelo un tal Antonio Sigura, mestre de obras. Se se tratase realmente de Cervantes, ese sería o motivo que lle fixo ir a [[Italia]]. Chegou a [[Roma]] en decembro do mesmo ano.<!--Cervantes xa publicara catro poesías de circunstancias; como se declara, entre outros lugares, na súa novela exemplar ''[[El licenciado vidriera]]''. Iso suporá un particular namoramento por parte de Cervantes pola literatura italiana.--> Alí leu os poemas cabaleirescos de [[Ludovico Ariosto]] e os ''Diálogos de amor'' do xudeu sefardita [[León Hebreo]] (Yehuda Abrabanel), de inspiración neoplatónica, que influirán na súa idea do amor. Cervantes imbúese do estilo e arte italianos.
 
Entra ao servizo de [[Giulio Acquaviva]], que será cardeal en [[1570]]; a quen, probabelmente, coñeceu en Madrid. Seguiuno por [[Palermo]], [[Milán]], [[Florencia]], [[Venecia]], [[Parma]] e [[Ferrara]]. Axiña o deixará para ocupar praza de soldado na compañía do capitán Diego de Urbina, do terzo de Miguel de Montcada. Embarcou na galera ''Marquesa''. O [[7 de outubro]] de [[1571]] participou na [[batalla de Lepanto]], formando parte da armada cristiá dirixida por don [[Xoán de Austria]], fillo do "raio da guerra" [[Carlos I de España|Carlos V]] e medio irmán do rei. Nunha información legal elaborada oito anos máis tarde dicía:
 
{{cita|Cando se recoñeceu a armada do Turco, na dita batalla naval, o dito Miguel de Cervantes estaba malo e con quentura, e o dito capitán... e outros moitos amigos seus dixéronlle que, pois estaba enfermo e con quentura, que estivese quedo embaixo na cámara da galera; e o dito Miguel de Cervantes respondeu que quéque dirían del, e que non facía o que debía, e que máis quería morrer pelexando por Deus e polo seu rei, que non se meter so cuberta, e que coa súa saúde... E pelexou como valente soldado cos ditos turcos na dita batalla no lugar do esquife, como o seu capitán o mandou e lle deu orde, con outros soldados. E acabada a batalla, como o señor don Juan soubo e entendeu o ben que o fixera e pelexara o dito Miguel de Cervantes, acrecentoulle e deulle catro ducados máis da súa paga... De a dita batalla naval saíu ferido de dous arcabuzazos no peito e nunha man, de que quedou mancado da dita man.}}
 
De aí procede o alcuño de "o manco de Lepanto". A man esquerda non lle foi cortada, senón anquilosada. Aquelas feridas non deberon ser demasiado graves; pois, tras seis meses de permanencia nun hospital de [[Mesina]], Cervantes renovou a súa vida militar en [[1572]]. Tomou parte nas expedicións navais de [[Navarino]] ([[1572]]), [[Corfú]], [[Bizerta]] e [[Tunicia]] ([[1573]]). Todas elas baixo o mando do capitán [[Manuel Ponce de León]] e no rexemento de [[Lope de Figueroa]].
Liña 46:
=== Cativerio en Alxer ===
[[Ficheiro:Miguel de Cervantes2.jpg|275px|miniatura|Miguel de Cervantes Saavedra (outro retrato imaxinario).]]
Durante o seu regreso desde [[Nápoles]] a [[España]] a bordo da galera "Sol", unha flotilla turca comandada por Arnaut Mamí fixo presos a Miguel e ao seu irmán Rodrigo o [[26 de setembro]] de [[1575]]. Foron capturados á altura de [[Cadaqués de Rosas]] ou [[Palamós]], actualmente chamada [[Costa Brava]], e levados a [[Alxer]]. Cervantes é adxudicado como escravo ao renegado grego [[Dali Mamí]]. O feito de que lle encontraron no seu poder as cartas de recomendación que levaba de don Juan de Austria e do [[Duque de Sessa]], fixo pensar aos seus captores que Cervantes era unha persoa moi importante e por quen poderían conseguir un bo rescate. Pediron quiñentos escudos de ouro pola súa liberdade.
Nos cinco anos de aprisionamento, Cervantes, un home cun forte espírito e motivación, tratou de escapar en catro ocasións. Para evitar represalias nos seus compañeiros de cativerio, fíxose responsábel de todo ante os seus inimigos. Preferiu a tortura á delación. Grazas á información oficial e ó libro de frei Diego de Haedo ''Topographia e historia general de Argel'' ([[1612]]),<ref>{{Cita web|url=http://bdh.bne.es/bnesearch/bibliotecahttp://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000079195|páxina-web=Biblioteca Digital Hispánica|título=Topografía e historia general de Argel|data-acceso=6 abril 2018|lingua=es}}{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}</ref> temos posesión de novas importantes sobre o cativerio. Tales notas compleméntanse coas súas comedias ''El Trato de Argel'', ''Los Baños de Argel'', e o relato da "Historia do cautivo", que se inclúe na Primeira parte do Quixote, entre os capítulos 39 e 41. Non obstante, desde xa hai tempo sábese que a obra publicada por Haedo non era súa, algo que el mesmo xa recoñece. Segundo Emilio Sola, o seu autor foi Antonio de Sosa, beneditino compañeiro de cativerio de Cervantes e dialoguista da mesma obra. Daniel Eisenberg propuxo que a obra non é de Sosa, quen non era escritor, senón do grande escritor cativo en Alxer, escritos cos cales a obra de Haedo mostra moi extensas semellanzas. De ser certo, a obra de Haedo deixa de ser confirmación independente da conduta cervantina en Alxer, senón un máis dos escritos do mesmo Cervantes que loan o seu heroísmo.
 
Liña 79:
O outro encarceramento documentado de Cervantes foi moi breve, en Castro del Río ([[Córdoba, España|Córdoba]]). Non consta que estivera nunca en [[Cueva de Medrán]], [[Argamasilla de Alba]].
 
En [[1605]], publica a primeira parte da que será a súa principal obra: ''El ingeniosos hidalgo don Quijote de la Mancha'''.<!--que foi o seu maior éxito internacional, --> Iso marcou o fin do realismo como estética literaria e creou o xénero da novela moderna, a novela polifónica, de amplísimo influxo posterior. A segunda parte non aparece ata [[1615]]: ‘‘O''O enxeñoso cabaleiro don Quixote da Mancha’‘Mancha''.
Ambas as obras gáñanlle un posto na historia da literatura universal e converten ao seu autor, xunto con [[Dante Alighieri]], [[William Shakespeare]], [[Michel de Montaigne]] e [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]] nun autor canónico da literatura occidental. Un ano antes, aparece publicada unha apócrifa continuación de [[Alonso Fernández de Avellaneda]]. Unha novela escrita, ao parecer, por un discípulo e amigo de [[Lope de Vega]] de orixe aragonesa ou por un grupo de amigos de Lope.
 
Entre as dúas partes de ‘‘"[[Don Quixote da Mancha|Don Quixote]]’‘", aparecen en [[1613]], as ‘‘"[[Novelas exemplares]]’‘"<ref name=":1">{{Cita libro|título=Novelas exemplares|apelidos=Cervantes Saavedra|nome=Miguel de|editorial=Trymar|ano=|ISBN=9788492959976|url=https://www.worldcat.org/oclc/903100510|data=2014|lugar=Vigo|ref=}}</ref>. Son un conxunto de doce narracións breves, compostas algunhas delas moitos anos antes. O seu fonte é propia e orixinal. Nelas ensaia distintas fórmulas narrativas como a [[sátira]] lucianesca (‘‘O''O coloquio dos cans’‘cans''), a [[novela picaresca]] (‘‘Rinconete''Rinconete e Cortadillo’‘Cortadillo''), a [[miscelánea]] (‘‘O''O licenciado vidriera’‘vidriera''), a [[novela bizantina]] (‘‘A''A española inglesa’‘inglesa'', ‘‘O''O amante liberal’‘liberal'') ou, mesmo, a [[novela policíaca]] (‘‘A''A forza do sangue’‘sangue''). De algunhas delas, como por exemplo ‘‘O''O celoso estremeño’‘estremeño'', consérvase unha segunda redacción testemuñada polo manuscrito chamado de Porras da Cámara, descuberto no século XIX. So esta colección de novelas podería en si mesma terlle creado un posto moi salientado na historia da literatura castelá.
 
A crítica literaria foi unha constante na súa obra. Aparece na ‘‘Galatea’‘''Galatea'', en ‘‘Don''Don Quixote’‘Quixote'' e a ela consagroulle o ‘‘''[[Viaxe do Parnaso]]’‘'' ([[1614]]). Extenso poema en [[tercetos encadeados]]. En [[1615]], publica ‘‘''[[Oito comedias e oito entremeses novos nunca representados]]’‘'', mais o seu drama máis popular hoxe, ‘‘''[[A Numancia]]’‘'', ademais de ‘‘''[[O trato de Alxer]]’‘'', quedou inédito ata o [[século XVIII]].
 
Un ano despois da súa morte, aparece a novela ‘‘''[[Os traballos de Persiles e Sexismunda]]’‘'', cuxa dedicatoria ao Conde de Lemos firmou tan só dous días antes de morrer. Esta [[novela bizantina]], que pretende competir co modelo clásico grego de [[Heliodoro]], coñeceu algunhas edicións máis na súa época; mais foi esquecida e escurecida polo triunfo indiscutíbel de ‘‘Don''Don Quixote’‘Quixote''. Cervantes utiliza un grupo de personaxes como fío condutor da obra, en vez de dous. Anticipa, así, o chamado [[realismo máxico]]. En certo xeito, cristianiza o modelo orixinal utilizando o [[tópico]] do ‘‘homo''homo viator’‘viator'', alcanzándose o clímax ao final da obra coa [[anagnórise]] dos dous namorados principais, chamados ata entón Periandro e Auristela, na cidade santa de Roma:
 
:’‘''"As nosas almas, como ti ben sabes e como aquí me ensinaron, sempre están en continuo movemento e non poden parar senón en Deus, como no seu centro. Nesta vida os desexos son infinitos e uns encadéanse doutros e líganse e van formando unha cadea que talvez chega ao ceo e tal súmese no inferno"‘‘''
 
O seu influencia foi tal, que a mesma lingua [[lingua castelá|española]] acostuma ser chamada ‘‘a''a lingua de Cervantes’‘Cervantes''.
 
== Alcances artísticos ==
Liña 96:
[[Ficheiro:Don Quichotte Honoré Daumier.jpg|miniatura|200px|Ilustración de Honoré Daumier.]]
 
Cervantes é sumamente orixinal. Parodiando un xénero que empezaba a periclitar, como é os [[libros de cabalerías]], creou outro xénero sumamente vivaz, a novela polifónica, onde se superpoñen as cosmovisións e os puntos de vista ata confundirse en complexidade coa mesma realidade, recorrendo incluso a xogos metaficcionais. Na época a épica podía escribirse tamén en prosa, e co precedente no teatro do pouco respecto aos modelos clásicos de [[Lope de Vega]], creou en suma a fórmula do [[realismo]] tal como fora preparada en España por toda unha tradición literaria desde o ‘‘Cantar''Cantar do Mío Cid’‘Cid'', ofrecéndolla a Europa, onde Cervantes tivo máis discípulos que en España. A novela realista enteira do século XIX está marcada por este maxisterio. Por outra parte, outra grande obra mestra de Cervantes, as ‘‘Novelas''Novelas exemplares’‘exemplares'', demostra a amplitude de miras do seu espírito e o seu desexo de experimentar coas estruturas narrativas. Nesta colección de novelas o autor experimenta coa [[novela bizantina]] (‘‘A''A española inglesa’‘inglesa''), a [[novela policíaca]] ou criminal (‘‘A''A forza do sangue’‘sangue'', ‘‘O''O celoso estremeño’‘estremeño''), o [[diálogo]] lucianesco (‘‘O''O coloquio dos cans’‘cans''), a [[miscelánea]] de sentenzas e donaires (‘‘O''O licenciado vidrera’‘vidrera''), a [[novela picaresca]] (‘‘Rinconete''Rinconete e Cortadillo’‘Cortadillo''), a narración constituída sobre unha [[anagnórise]] (‘‘La''La gitanilla’‘gitanilla'') etc...
 
== Obra de Cervantes ==
Liña 104:
Orde cronolóxica:
* ''[[A Galatea|La Galatea]]'' ([[1585]])
* ''[[Don Quixote da ManchaOO enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha|Don Quixote da Mancha ou O enxeñoso fidalgo don Quixote da Mancha]]''<ref name=":0" /> ([[1605]])
* ''[[Novelas exemplares]]''<ref name=":1" /> ([[1613]])
* ''[[Don Quixote da Mancha#segunda parte|Segunda parte do enxeñoso cabaleiro don Quixote da Mancha]]'' ([[1615]])
Liña 110:
 
==== La Galatea ====
''La Galatea'' foi a primeira novela de Cervantes, en [[1585]]. Fai parte do subxénero pastoril (unha "égloga en prosa" como define o autor), triunfante no [[Renacemento]]. A súa primeira publicación apareceu cando tiña 38 anos co título de ‘‘Primeira''Primeira parte de A Galatea’‘Galatea''.
 
Como noutras novelas do xénero (similar ao de ‘‘A''A Diá’‘Diá'' de [[Xorxe de Montemaior]]), os personaxes son pastores idealizados que relatan as súas coitas e expresan os seus sentimentos nunha natureza idílica (‘‘''[[locus amoenus]]’‘'').
 
‘‘A''A Galatea’‘Galatea'' divídese en seis libros nos cales se desenvolve unha historia principal e catro secundarias que comezan no amencer e finalizan ao anoitecer, como nas églogas tradicionais.
 
==== ''Don Quixote da Mancha'' ====
Liña 129:
==== Novelas exemplares ====
 
Entre [[1590]] e [[1612]] Cervantes escribiu unha serie de novelas curtas que despois acabaría reunindo en [[1613]] na colección das ‘‘Novelas''Novelas exemplares’‘exemplares'', dada a grande acollida que obtivo coa primeira parte do Quixote. Nun principio recibiron o nome de ‘‘Novelas''Novelas exemplares de honestísimo entretenimento’‘entretenimento''.
 
Dado que existen dúas versións de ‘‘Rinconete''Rinconete e Cortadillo’‘Cortadillo'' e de ‘‘O''O celoso estremeño’‘estremeño'', pénsase que Cervantes introduciu nestas novelas algunhas variacións con propósitos morais, sociais e estéticos (de aí o nome de "exemplares"). A versión máis primitiva atópase no chamado manuscrito de Porras da Cámara, unha colección miscelánea de diversas obras literarias entre as cales atópase unha novela habitualmente atribuída tamén a Cervantes, ‘‘A''A tía finxida’‘finxida''. Por outra parte, algunhas novelas curtas áchanse tamén inseridas no ‘‘Don''Don Quixote’‘Quixote'', como ‘‘O''O curioso impertinente’‘impertinente'' ou a ‘‘Historia''Historia do cativo’‘cativo'', que conta con elementos autobiográficos. Ademais, alúdese a outra novela xa composta, ‘‘Rinconete''Rinconete e Cortadillo’‘Cortadillo''.
 
* ‘‘''[[La Gitanilla]]’‘''
* ‘‘''[[O amante liberal]]’‘''
* ‘‘''[[Rinconete e Cortadillo]]’‘''
* ‘‘''[[A española inglesa]]’‘''
* ‘‘''[[O licenciado Vidrera]]’‘''
* ‘‘''[[A forza do sangue]]’‘''
* ‘‘''[[O celoso estremeño]]’‘''
* ‘‘''[[A ilustre fregoa]]’‘''
* ‘‘''[[As dúas doncelas]]’‘''
* ‘‘''[[A señora Cornelia]]’‘''
* ‘‘''[[O casamento enganoso]]’‘''
* ‘‘''[[O coloquio dos cans]]’‘''
 
''A Gitanilla'' é a máis longa das novelas exemplares, e pode ter elementos autobiográficos nunha historia amorosa que tivo un parente afastado de Cervantes. Como moitas outras destas tramas, céntrase no artificio da agnición ou recoñecemento dunha persoa ao final da obra. Trátase dunha moza de orixe nobre raptada por uns xitanos e educada por eles, e un nobre que se namora e decide levar vida de xitanos tras ela, ata que ao fin se descubre todo e a historia termina felizmente, posibilitándose o matrimonio da parella.
Liña 150:
''O amante liberal'' é unha novela mourisca onde tamén aparece o tema do rapto e onde se satirizan os amores homosexuais dos árabes.
 
En ‘‘Rinconete''Rinconete e Cortadillo’‘Cortadillo'' dous rapaces "desgárranse" (foxen da casa familiar) e emprenden unha vida picaresca con axuda da baralla e do furto, ata que van a parar a Sevilla e son captados por unha asociación mafiosa de malfeitores, unha especie de sindicato do crime sevillano gobernado como unha confraría polo irmán maior, Monipodio. Diversas escenas de entremés onde se presentan alguacís corruptos, ladróns, matóns, chulos e putas constitúen o final da novela, tras o cal os pelos rapaces deciden rexenerarse.
 
N´''A española inglesa'' o rapto volve a aparecer na persoa dunha moza raptada na invasión inglesa de Cádiz e que se educa en Londres como dama de compañía da reina Isabel I de Inglaterra. Perde o cabelo por un bebedizo pero todo arránxase ao final.
Liña 173:
:::gran señor, esta te escribo.
 
O autor ve claramente que lle queda pouca vida e despídese dos seus amigos; non se fai ilusións, mais porén desexa vivir e terminar obras que ten no maxín, cuxo título escribe: ‘‘As''As semanas do xardín’‘xardín'', ‘‘O''O Bernardo’‘Bernardo'' e unha segunda parte de ‘‘A''A Galatea’‘Galatea''. No xénero da novela bizantina, conta Cervantes, atrévese a competir co modelo do xénero, [[Heliodoro]].
 
A novela, inspirada na crónica de [[Saxo Grammático]] e [[Olao Magno]], conta a peregrinación levada a cabo por Persiles e Sexismunda, dous príncipes nórdicos namorados que se fan pasar por irmáns cambiándose os nomes por Periandro e Auristela. Separados por todo tipo de peripecias, emprenden unha viaxe desde o norte de [[Europa]] ata [[Roma]], pasando por España, con finalidade expiatoria antes de contraer matrimonio. A obra é importante porque supón no autor un certo distanciamento das fórmulas realistas que ata o momento cultivou, pois aparecen feitos tan peregrinos como que unha muller salte dun campanario librándose de esnafrarse grazas ao paracaídas que forman as súas saias ou que haxa personaxes que adiviñen o futuro. Os personaxes principais aparecen algo esvaecidos e en realidade a obra está protagonizada por un grupo, no que se integran dous españois abandonados nunha illa deserta, Antonio e o seu fillo, criado na illa como unha especie de bárbaro arqueiro en contacto coa natureza. Os últimos pasaxes do libro están pouco limados, xa que o autor faleceu antes de corrixilos. A obra tivo certo éxito e reimprimiuse varias veces, mais foi esquecida no século seguinte.
 
=== Poesía ===
Cervantes afanouse en ser poeta, aínda que chegou a dubidar da súa capacidade, como el mesmo dixo antes do seu morte en ‘‘o''o Viaxe do Parnaso’‘Parnaso'':
 
::::::’‘''"Eu que sempre traballo e me desvelo’‘desvelo''
::::::’‘por''por parecer que teño de poeta’‘poeta''
::::::’‘a''a graza que non quixo darme o ceo"‘‘''.
 
Perdéronse ou non se identificaron case todos os versos que non estaban incluídos nas súas novelas ou nas súas obras teatrais. Cervantes declara ter composto gran número de [[Romance (poesía)|romances]], entre os cales estimaba especialmente un sobre os celos. En efecto, participou xunto a outros grandes poetas contemporáneos como [[Lope de Vega]], [[Góngora]] ou [[Quevedo]] na recompilación dos [[Romanceiro|romances]] que se produce para [[1580]] e que deu orixe ao [[Romanceiro novo]], chamado así fronte ao tradicional [[Romanceiro vello]] do [[século XV]], o cal era anónimo.
 
Inicia a súa obra poética coas catro composicións dedicadas a ‘‘Exequias''Exequias da reina Isabel de Valois’‘Valois''. Outros poemas foron: ‘‘A''A Pedro Padilla’‘Padilla'', ‘‘Á''Á morte de Fernando de Herrera’‘Herrera'', ‘‘Á''Á Austriada de Juan Rufo’‘Rufo''. Como poeta porén salienta no ton cómico e satírico, e as súas obras mestras son os sonetos ‘‘Un''Un valentón de espátula e greguesco’‘greguesco'' e ‘‘Ao''Ao túmulo do rei Filipe II’‘II'', do cal fíxose famoso os últimos versos:
 
::::::’‘Calou''Calou o chapeo, requiriu a espada,’‘''
::::::’‘mirou''mirou de esguello, foise, e non houbo nada’‘nada''
 
A ‘‘Epístola''Epístola a Mateo Vázquez’‘Vázquez'' é unha falsificación escrita polo erudito decimonónico [[Adolfo de Castro]], como así mesmo o é ‘‘O''O buscapé’‘buscapé'', unha vindicación do ‘‘Don''Don Quixote’‘Quixote'' escrita en prosa tamén por este erudito. Asentou algunhas innovacións na [[métrica]], como a invención da estrofa denominada [[ovillello]] e o uso do [[soneto]] con [[estrambote]].
 
==== Viaje del Parnaso ====
O único poema narrativo extenso de Cervantes é [[Viaje del Parnaso]] ([[1614]]). Está formado por tercetos encadeados, onde o autor critica a algúns poetas españois, satirizando a algúns e eloxiando a outros.
 
Escrito, como di o propio Miguel, a imaxe e semellanza do ‘‘''''Viaggio di Parnaso''’‘'' ([[1578]]) de [[Cesare Caporali di Perugia]]. Narra de xeito autobiográfico en oito capítulos unha viaxe ao monte [[Parnaso]], a bordo dunha [[galera]] dirixida por [[Mercurio (deus)|Mercurio]], na que algúns poetas eloxiados tratan de defendelo fronte aos poetastros ou malos poetas. Reunidos no monte con [[Apolo]], saen airosos da batalla e o protagonista regresa de novo ao seu fogar. A obra complétase coa ‘‘''''Adjunta al Parnaso''’‘'', onde Pancracio de [[Roncesvalles]] entrega a Cervantes dúas [[epístola]]s de [[Apolo]].
 
=== Teatro ===
Dadas as súas penurias económicas, o [[teatro]] foi a gran vocación de Cervantes. Escribe que cando era mozo "íanselle os ollos" tras o carro dos comediantes e que asistiu ás austeras representacións de [[Lope de Rueda]]. Porén, o seu éxito, que o tivo, pois as súas obras representáronse "sen ofrenda de cogombros", como di no prólogo aos seus ''Oito comedias e oito entremeses nunca representados'', foi efémero ante o éxito da nova fórmula dramática de [[Lope de Vega]], máis audaz e moderna que a súa, que fixo aos empresarios desestimar as comedias cervantinas e preferir as do seu rival. O teatro de Cervantes posuía un fin moral, incluía personaxes alegóricos e procuraba someterse ás tres unidades aristotélicas de acción, tempo e lugar, mentres que o de Lope rompía con esas unidades e era moralmente máis desvergonzado e desenvolto, así como mellor e máis variadamente versificado. Cervantes nunca puido sobrelevar este fracaso e mostrouse desgustado co novo teatro lopesco na primeira parte do Don Quixote, cuxo carácter teatral aparece ben asentado a causa da abundancia de diálogos e de situacións de tipo entremesil que entreveran a trama. E é, en efecto, o [[entremés]] o xénero dramático onde luce en todo o seu esplendor o xenio dramático de Cervantes, de xeito que pode dicirse que xunto a [[Luis Quiñóns de Benavente]] e [[Francisco de Quevedo]] é Cervantes un dos mellores autores do xénero, ao que proporcionou unha maior profundidade nas personaxes, un humor inimitábel e un maior calado e transcendencia na temática. Que existía interconexión entre o mundo teatral e o narrativo de Cervantes o demostra que, por exemplo, o tema do entremés de ‘‘O''O vello celoso’‘celoso'' apareza na novela exemplar de ‘‘O''O celoso estremeño’‘estremeño''. Outras veces aparecen personaxes sanchopancescos, como no entremés da ‘‘Elección''Elección dos alcaldes de Daganzo’‘Daganzo'', onde o protagonista é tan bo catador ou "mollón" de viños como Sancho. O barroco tema da aparencia e a realidade móstrase en ‘‘O''O retablo das marabillas’‘marabillas'', onde se adapta o conto medieval de don [[Juan Manuel]] (que Cervantes coñecía e lera nunha edición contemporánea) do rei espido e dáselle un contido social. ‘‘O''O xuíz dos divorcios’‘divorcios'' tocaba tamén biograficamente a Cervantes, e en el chégase á conclusión de que "máis vale o peor concerto / que non o divorcio mellor". Tamén posúen interese os entremeses de ‘‘O''O rufián viúvo’‘viúvo'', ‘‘A''A cova de Salamanca’‘Salamanca'', ‘‘O''O biscaíño finxido’‘finxido'' e ‘‘A''A garda coidadosa’‘coidadosa''. Para os seus entremeses adopta Cervantes tanto a prosa como o verso e atribúenselle algúns outros, como o de ‘‘Os''Os faladores’‘faladores''.
 
Nas súas pezas maiores o teatro de Cervantes foi inxustamente pouco apreciado e representado, a excepción da que representa o exemplo máis acabado de imitación das [[traxedia]]s clásicas: ‘‘O''O cerco de Numancia’‘Numancia'', tamén titulada ‘‘A''A destruición de Numancia’‘Numancia'', onde se escenifica o tema patriótico do sacrificio colectivo ante o asedio do xeneral [[Publio Cornelio Escipión o Africano|Escipión]] e onde a fame toma a forma de sufrimento existencial, engadíndose figuras alegóricas que profetizan un futuro glorioso para Castela. Trátase dunha obra onde a [[Providencia]] parece ter o mesmo cometido que tiña para o [[Eneas]] escapado da [[Troia]] incendiada en [[Virxilio]]. Parecida inspiración patriótica posúen outras comedias, como ‘‘A''A conquista de Xerusalén’‘Xerusalén'', descuberta recentemente. Outras comedias súas tratan o tema, que tan directamente padeceu o autor e ao que incluso se fai alusión nunha pasaxe da súa última obra, o ‘‘Persiles’‘''Persiles'', do cativerio en Alxer, como ‘‘Os''Os baños de Alxer’‘Alxer'', ‘‘Os''Os tratos de Alxer’‘Alxer'', ‘‘A''A gran sultana’‘sultana'' e ‘‘O''O galardo español’‘español'', onde se quixo tamén atopar a denuncia da situación dos antigos soldados como o propio Cervantes. De tema máis novelesco son ‘‘A''A casa dos celos e selvas de Ardenia’‘Ardenia'', ‘‘O''O labirinto de amor’‘amor'', ‘‘A''A entretida’‘entretida''. Carácter picaresco teñen ‘‘Pedro''Pedro de Urdemalas’‘Urdemalas'' e ‘‘O''O rufián dichoso’‘dichoso''.
 
Cervantes reuniu as súas obras non representadas en ''Ocho comedias y ocho entremeses nunca representados''; ademais, consérvanse outras obras en manuscrito: ''Los tratos de Alger'', ''El galardo español'', ''La gran sultana'' e ''Los baños de Alger''.