Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 59:
== Institutos e centros ==
A xunta logrou crear un armazón de centros e laboratorios nos que a ciencia e as humanidades comezaron a ter un desenvolvemento que pronto adquiriría alcance e recoñecemento internacional, algo en certo xeito insólito na España dos vellos valores tradicionais.<ref name="jae2010">{{Cita web|url=http://www.jae2010.csic.es/historia.php|título=Centenario de la JAE |ano=2010 |lingua=es}}</ref><ref>González Ibáñez, C. y A. Santamaría García, [http://libros.csic.es/product_info.php?cPath=35&products_id=41 ''Física y química en la Colina de los Chopos: 75 años de investigación en el edificio Rockefeller'']. CSIC, Madrid (2009).</ref>
[[Ficheiro:Pazo da Carballeira de Gandarón.JPG|miniatura|[[Misión Biolóxica de Galicia]].]]
 
A lista de centros e institutos resulta tan relevante como os intelectuais e científicos colocados á fronte deles, empezando pola personalidade de Cajal á fronte do conxunto da JAE e de forma máis específica do Instituto Nacional de Ciencias Físico-Naturais (1910), con [[Blas Cabrera Felipe|Cabrera]] como lugartenente e continuador; ou Ramón Menéndez Pidal, á fronte do Centro de Estudos Históricos, en Madrid, tamén desde 1910. A JAE agrupou, desenvolveu e dotou con novas instalacións (laboratorios, bibliotecas etc) a institucións xa existentes como o [[Museo de Ciencias Naturales de Madrid|Museo de Ciencias Naturales]], o [[Museo Nacional de Antropología (España)|Museo Antropológico]], o [[Real Jardín Botánico de Madrid]] ou a Estación Biolóxica de Santander; así mesmo coordinou laboratorios como o de Investigacións Biolóxicas, o de Investigacións Físicas, a Estación Alpina de Bioloxía do Guadarrama, a [[Misión Biolóxica de Galicia]], ou a Comisión de Investigacións Paleontológicas e Prehistóricas.<ref name="jae2010"/> Ademais, a JAE, desde o seu nivel de alto organismo público, sincronizou e apoiou as actividades de espazos docentes especiais como o [[Instituto-Escuela]] ou a [[Residencia de Estudiantes]], para os que habilitou o Seminario Matemático e os Laboratorios de Química, Fisiología, Bacteriología etc.<ref name="jae2010"/><ref>[http://visitandomadrid.wordpress.com/category/residencia-de-estudiantes/ Visualización en mapa-satélite do conxunto de edificios da Junta para la Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]. Consultado en abril de 2014.</ref>