Música minimalista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 17:
A [[música contemporánea]] dos anos 1950-60 estaba dominada polo [[serialismo integral]] e a vangarda europea en torno a [[Pierre Boulez]], [[Luigi Nono]], [[Bruno Maderna]], [[Luciano Berio]], [[Karlheinz Stockhausen]] etc. Os compositores experimentaron coas novas tecnoloxías da electrónica e así baseando os fundamentos da [[música electrónica]] e da [[música concreta]], baixo o impulso especialmente de [[Pierre Schaeffer]], [[Karlheinz Stockhausen]], e [[Pierre Henry]].
 
Nos [[Estados Unidos]], é a figura de [[John Cage]] a que dominaba, cun enfoque esencialmente conceptual, qui domine, dans une approche essentiellement conceptuelle, cerca do ''[[happening]]'', así como co fío vermello da indeterminación. Esta foi tamén a época da creación do movemento artístico denominado [[Fluxus]], dirixido a empurrar as fronteiras da mesma noción da obra de arte, que influíu tamén aos minimalistas. Os anos 1950-60 tamén viron o nacemento e desenvolvemento baixo a influencia de [[John Coltrane]] e [[Ornette Coleman]] do [[free jazz]], que marcou particularmente aos compositores americanos da época.
 
A música popular non pode ser ignorada no contexto musical. A emerxencia e dominación do [[Rock 'n' roll]], o descubrimento en occidente da [[World music|música do extremo oriente]], e en particular da [[música da India]], exerceron tamén a súa influencia sobre os minimalistas.