Música minimalista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios, replaced: {{Reflist| → {{Listaref|
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 33:
 
Os compositores non están en xeral moi satisfeitos coa denominación.<ref name="strickland_reich"/><ref name=Potter_intro/> Só [[La Monte Young]] encontra o termo axeitado, e só para as súas primeiras obras.<ref name=Potter_intro/> [[Philip Glass]] prefire o termo de «música sen intención», ou «música con estrutura repetitiva».<ref>[[#STR00|Strickland (2000)]], Sound, p. 252-253</ref>
 
== Orixes ==
=== Un precursor e unha influencia: Erik Satie ===
[[Ficheiro:Erik Satie - BNF2.jpeg|miniatura|dereita|[[Erik Satie]], unha figura importante para os minimalistas.]]
Os inicios da música minimalista encóntranse en certas obras de [[Erik Satie]], especialmente polo seu emprego da forma repetitiva en ''[[ostinato]]'' visto como unha «trascendencia extática do tempo en repetición, na obsesión contemplativa do mesmo»<ref>Vincent Lajoinie (1985) ''Erik Satie'', p. 255</ref> e que serve de moitas composicións. A ''[[Gnossiennes (Satie)|Première Gnossienne]]'' (1890) e a primeira peza que escribiu seguindo un esquema repetitivo, que experimentaría máis adiante na súa peza mística ''[[Vexations]]'' (1892-1893). Esta última consiste en repetir 840 veces seguidas o mesmo motivo, a duración da peza pode alcanzar as vinte horas. ''Vexations'' foi interpretada por primeira vez a iniciativa de [[John Cage]] en 1963 en [[Nova York]],<ref>Vincent Lajoinie (1985) ''Erik Satie'', p. 85</ref> é dicir, nos anos do nacemento do minimalismo. [[Meredith Monk]], frecuentemente asociada coa corrente minimalista, participou nunha interpretación das ''Vexations'' nun festival adicado a Satie en 1966,<ref name="strickland2">Strickland (1991), p. 91</ref>, e [[Gavin Bryars]] e [[Christopher Hobbs]] fixeron o mesmo en [[Leicester]] en 1971.<ref name=Nyman68>Nyman (1974), p. 68</ref>
 
Satie é citado polos minimalistas como unha referencia, especialmente por [[Steve Reich]].<ref>Reich (2002), p. 160</ref> Tamén se realiza unha homenaxe en forma de chisco coa composición de [[Philip Glass]], ''Piece in the Shape of a Square'', en referencia aos seus ''[[Trois Morceaux en forme de poire]]'',<ref name=Potter_Glass>Potter (2000), p. 281</ref>, así como as súas obras ''[[Music with Changing Parts]]'' e ''[[Einstein on the Beach]]'' reanudando unha forma de progresión dos movementos en arco de tipo ABCBCA empregado anteriormente por Satie.<ref>Vincent Lajoinie (1985) ''Erik Satie'' p. 414</ref> Para [[Michael Nyman]], Satie é «indispensable por cantidade de razóns»,<ref name=Nyman68/> e considérao o único compositor preexperimental cuxo traballo é indispensable.<ref name=Nyman68/>
 
== Notas ==