New Wave: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎O termo "New Wave": +control autoridades using AWB
extender > estender
Liña 22:
A captura de toda a natureza da música New Wave ten sido fonte de moita confusión e controversia. A discografía de [[1985]] ''Who's New Wave in Music'' (que é o New Wave na música), listaba artistas unhas 130 categorías distintas. A ''New Rolling Stone Encyclopedia of Rock'' usa o termo "practicamente sen sentido" na súa definición de New Wave, mentres que [[Allmusic]] menciona "diversidade estilística".
 
O termo "New Wave" foi posto en circulación como un xénero do rock a comezos dos anos 70, usado por críticos como Nick Kent e Dave Marsh para clasificar a bandas baseadas en [[Nova York]] como [[The Velvet Underground]] e [[New York Dolls]]. ExtendeuseEstendeuse moito máis a principios de [[1976]] cando apareceu en [[fancine]]s punk británicos como ''Sniffin' Glue'', e tamén en semanarios musicais como ''[[Melody Maker]]'' e ''[[New Musical Express]]''. Nun artigo de ''Melody Maker'' no mes de novembro dese ano, Caroline Coon usou o termo "New Wave" para designar a música de bandas que non eran exactamente punk, pero que se relacionaban co estilo, ademais de definir así a parte da mesma escena musical desas bandas. O termo tamén foi usado nese sentido polo xornalista musical Charles Shaar Murray, comentando ao grupo irlandés [[The Boomtown Rats]]. Durante un período de tempo entre [[1976]] e [[1977]], os dous termos foron intercambiables, pero cara finais dese último ano "New Wave" substituíra a "Punk" como a definición para a nova música underground no [[Reino Unido]].
 
Nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o xefe de [[Sire Records]] Seymour Stein, crendo que o termo punk podería significar peores vendas para os artistas do selo que tocaban frecuentemente no club [[CBGB]], lanzou unha campaña chamada "Don't Call It Punk" (non o chames punk) deseñada para substituír o termo por New Wave. Debido a que os consultores de radio dos Estados Unidos informaran aos seus clientes de que o punk rock sería unha moda pasaxeira, decidíronse polo termo New Wave. Nun primeiro momento, moitos escritores estadounidense usaron exclusivamente New Wave para as bandas británicas de punk, pero cara decembro de 1976, ''The New York Rocker'', que sospeitaba do termo punk, converteuse no primeiro xornal do país en usalo con entusiasmo, primeiro cos grupos británicos e posteriormente cos artistas relacionados coa escena CBGB.