Partido Comunista da China: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
extender > estender
Liña 18:
 
== Ideoloxía ==
Na época de [[Mao Tse Tung|Mao Zedong]], a maior diferenza entre o comunismo chinés e o de influencia soviética (aquel que amais da [[Unión Soviética|URSS]] se extendíaestendía polo leste de Europa) radicaba na visión diferente da clase campesiña e a dos obreiros urbanos. Mentres que o comunismo soviético desconfiaba do espirito revolucionario dos campesiños, Mao viu nos campesiños o autentico motor da revolución. Esta visión do mundo rural coma o que debía erguerse contra os poderes burgueses establecidos foi a principal achega de Mao ao pensamento comunista. Moitos movementos comunistas, principalmente de [[Asia]] e da [[América Latina]], foron influídos por esta idea do [[maoísmo]].
 
Esta visión ideolóxica cambiou coa chegada ao poder de [[Deng Xiaoping]], un dos máximos líderes chinos dende a morte de Mao en 1976 ata o seu falecemento en 1997. Deng impulsou unha serie de reformas económicas que supuxeron a entrada de inversións de empresa estranxeiras e a creación de algunhas empresas privadas dentro do país. Dende entón a ideoloxía do PCCh derivou cara un modelo autoritario e fortemente nacionalista, formalizado na teoría ideolóxica da ''Tripla representatividade'' de [[Jiang Zemin]], secretario xeral do partido entre 1989 e 2002, que supuxo a admisión de empresarios como membros do PCCh nos últimos anos.