Ansiedade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
sufre > sofre
Liña 20:
Mais nas sociedades avanzadas modernas, esta característica innata do home desenvolveuse de forma patolóxica e conforma, nalgúns casos, cadros sintomáticos que constitúen o denominado [[trastorno de ansiedade]], que ten consecuencias negativas e moi desagradables para quen o padece. Entre os trastornos de ansiedade encóntranse as [[fobia]]s, o [[trastorno obsesivo-compulsivo]], o [[trastorno de pánico]], a [[agorafobia]], o [[trastorno por estrés postraumático]], o trastorno de ansiedade xeneralizada etc
 
No caso do trastorno de ansiedade xeneralizada, a ansiedade patolóxica vívese como unha sensación difusa de angustia ou medo e desexo de fuxir, sen que quen o sufresofre poida identificar claramente o perigo ou a causa deste sentimento. Esta ansiedade patolóxica é resultado dos problemas de diversos tipos aos que se enfronta a persoa na súa vida cotiá, e sobre todo, das súas ideas interiorizadas acerca dos seus problemas.
 
Ter ansiedade ou sufrir dese mal fai que a persoa perda unha boa parte da súa autoestima, ou sexa, deixa de facer certas cousas porque se xulga ser incapaz de realizalas. Desa forma, o termo ansiedade está de certa forma ligado á palabra medo, pasando así a persoa a ter medo de errar na realización de diferentes tarefas, sen mesmo chegar a intentalo.