Pecado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: +control autoridades using AWB
sufre > sofre
Liña 15:
Na [[Igrexa Ortodoxa]] enfatízase a identificación do pecado cunha enfermidade do ser, unha escravitude que lle imposibilita a deificación que arela a súa esencia. Para teólogos ortodoxos como [[Olivier Clément]] ou [[Pavl Evdokimov]], dentro da tradición ascética oriental, o pecado aparece como dislocación divino-humana e humana, dos homes e entre os homes. Para eles o pecado aliena, separa e illa nunha soidade infernal, envelena as relacións humanas e ata o mesmo ambiente cósmico.
 
Para o [[protestantismo]] é o estado existencial por antonomasia do ser humano, incapaz por si mesmo de facer o ben, por estar toda obra boa envolta tamén pola concupiscencia. Isto determina a maldade esencial da súa conduta sempre debedora da soberbia e impregnada do egoísmo e cuxo poder o home sufresofre cunha impotencia característica. Teólogos luteranos como [[Eberhard Jüngel]] afirman que o pecado non se dá a coñecer por si mesmo. Lonxe diso busca impedir a súa identificación e coñecemento. Cando o pecado acontece, seduce xa tamén ao home para que viva unha existencia como se o pecado non existise. O propio [[Martiño Lutero]] afirma ''natura peccati est non velle esse peccatum''. Segundo [[Sören Kierkegaard]] ''ningún home, polas súas propias capacidades e por si mesmo, é quen de enunciar o que é o pecado, e non o é precisamente porque está en pecado''. Nesta mesma liña, [[Karl Barth]] entende que ''o coñecemento de que o home é pecador, fáltalle precisamente porque é pecador''. En [[Xesús de Nazaret]], Deus salva gratuitamente ao home da escravitude do pecado e o rescata da morte eterna.
 
[[Ficheiro:Geiger-masturbation-mutuelle.jpg|miniatura|A luxuria é considerada habitualmente como pecado]]