Análise de perigos e puntos de control crítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
xurde > xorde
Liña 19:
 
== Apuntes históricos ==
A idea de aplica-lo sistema de análise de perigos na elaboración de alimentos xurdexorde na [[NASA]] (''National Aeronautics and Space Administration'', Administración Nacional para a Aeronáutica e e Espazo) en [[1959]], para conseguir garantías suficientes da seguridade dos alimentos utilizados nas misións espaciais. Daquela, o único control posible sobre os alimentos era a análise do produto final pero, dado que era imposible analiza-lo 100% dos alimentos que ían consumi-los astronautas porque, de facelo, significaría que non quedarían alimentos que comer, fíxose necesario deseñar un sistema preventivo, que garantise a seguridade pretendida sen necesidade de controis analíticos.
O sistema foi deseñado pola empresa de alimentos Pillsbury conxuntamente cos laboratorios da Armada estadounidense. Baixo o nome de ''Análise Modal de Fallos e Efectos'', procedíase a estudar todo o que podía saír mal en cada unha das etapas ou fases da produción. A seguir, procedíase a busca-las posibles causas e a deseña-las medidas de control que as evitasen.