Friedrich Schelling: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
xurde > xorde
Liña 25:
A segunda etapa viría despois do ano 1796 onde mostra o seu interese pola filosofía da natureza. Foi nesta etapa na que se trasladou á [[Universidade de Leipzig]]. No ano 1800 ven o período no que expón a súa filosofía transcendental e a obra máis relevante é o ''System des transcendentalen Idealismus'' (Sistema do idealismo transcendental). Esta obra céntrase no que Schelling considera a “verdadeira” filosofía de Fitche: a construción completa do eu, da subxectividade, da autoconciencia. Neste intre, ambos filósofos comprenden que están pensando de forma totalmente diferente. Esta foi a obra máis importante e lograda, tanto na forma como no contido. Posteriormente a esta etapa veu a fase chamada de identidade, que chegou ata 1809 cuxo texto máis importante foi ''Philosophische Untersuchungen über das Wesen der menschlichen Freiheit'' (Investigacións filosóficas sobre a esencia da liberdade humana e os obxectos con ela relacionados).
 
Finalmente, podemos dicir que hai dúas fases máis, a primeira sería nos anos onde se redactan as diversas versións de ''Die Weltalter'' (As idades do mundo). Esta obra constitúe a fase máis escura da filosofía de Schelling. A partir do ano 1809 os camiños de Schelling apartáronse da cómoda filosofía de la identidade e centráronse no camiño da relixión e da [[mitoloxía]]. O que o autor intenta explicar na obra e como xurdexorde o tempo na eternidade. A segunda etapa estaría dominada pola distinción entre filosofía positiva e negativa.
 
== Véxase tamén ==