Zygmunt Bauman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
corr. gramat.
Liña 17:
|tamaño_sinatura =
}}
'''Zygmunt Bauman''', nado en [[Poznań]] o [[19 de novembro]] de [[1925]] e finado en [[Leeds]] o [[9 de xaneiro]] de [[2017]] foi un [[socioloxía|sociólogo]], [[filosofía|filósofo]] e [[Ensaio (literatura)|ensaísta]] polaco de orixe xudeuxudía. A súa obra, que comezou na [[década de 1950]], ocúpase, entre outras cousas, de cuestións como as [[clase social|clases sociais]], o [[socialismo]], o [[holocausto]], a [[hermenéutica]], a [[modernidade]] e a [[posmodernidade]], o [[consumismo]], a [[globalización]] e a [[Cuarto mundo|nova pobreza]]. Desenvolveu o concepto da «[[modernidade líquida]]», e acuñou o termo correspondente.<ref>[http://www.diariovasco.com/20081016/politica/sociedad-liquida-20081016.html 'Sociedad líquida'] ''[[El Diario Vasco]]'', consultado o 11 de outubro de 2011</ref> Xunto co tamén sociólogo [[Alain Touraine]], Bauman recibiu o [[Premio Príncipe de Asturias]] de Comunicación e Humanidades 2010.<ref name=minutos/>
 
Naceu no seo dunha familia humilde; na súa fuxida do [[nazismo]], trasladouse á [[Unión Soviética]] e posteriormente regresou a Polonia, onde militou no [[Partido Comunista]].<ref>Clarín.com : [http://edant.clarin.com/diario/2007/05/04/sociedad/s-04101.htm Zygmunt Bauman: "Sí, fui un espía del comunismo"]</ref> Foi mestre de [[filosofía]] e [[socioloxía]] na [[Universidade de Varsovia]] antes de verse obrigado a irse de [[Polonia]] en [[1968]] por mor da política [[antisemitismo|antisemita]] desenvolvida polo goberno [[comunismo|comunista]] despois dos sucesos de marzo de 1968. Após a súa marcha da universidade desa cidade, ensinou socioloxía en países como [[Israel]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e o [[Canadá]]. Dende 1971, residía en [[Inglaterra]]. Foi mestre na [[Universidade de Leeds]], sendo profesor emérito dende 1990.