Cristovo Lecapeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{biografía}}
'''Cristovo Lecapeno''' (en [[Lingua grega|grego]]: Χριστόφορος Λακαπηνός ''Khristóforos Lekapenós'') foi o fillo máis vello do emperador [[Romano I]] e coemperador de 921 até a súa morte en [[931]].
 
== Traxectoria ==
Cristovo foi o primeiro fillo home de Romano I e a súa esposa Teodora e o segundo despois da súa irmá [[Helena Lecapena|Helena]]. Os seus irmáns menores eran Ágata, que casou con [[Romanos Argyros]]; [[Estevo Lecapeno|Estevo]] e Constantino (coemperadores de 924 até 945); [[Teofilacto, patriarca de Constantinopla]] de 933 a 956; e outras dúas irmás máis, das cales se ignora o nome e son coñecidas só polos seus matrimonios cos ''magistri officiorum'' Romanos[[Romano Mosele]] e Romanos[[Romano Saronites.]]<ref name="CawleyRomanosI">{{harvnb|Cawley|2011|loc=[http://fmg.ac/Projects/MedLands/BYZANTIUM.htm#RomanosIdied948 Romanos Lekapenos]}}.</ref>.
 
Non se sabe nada dos primeiros anos de Cristovo; era sen dúbida adulto ao redor de 919-920 e tiña una filla casadeira en 927, por tanto naceu probabelmente ao redor de 890–895.<ref name="GB528">Grierson & Bellinger (1973), p. 528</ref>. Antes do ascenso do seu pai ao poder casou con Sofía, filla do adiñeirado patricio Nicetas de [[Peloponeso]].<ref>Runciman (1929), p. 64</ref>.
 
Cando Romano logrou que a súa filla Helena casase co novo emperador [[Constantino VII]] na primavera 919, asumiu o papel de gardián do emperador co título ''basileopatōr'' —pai do emperador—, Cristovo sucedeuno no seu posto como ''megas hetaireiarches'' —comandante da garda de Palacio.<ref>Runciman (1929), p. 60</ref><ref name="ODB">Kazhdan (1991), p. 442</ref>. Romano coroouse a si mesmo como emperador en decembro de 920 e eventualmente avanzou en precedencia por diante do mozo Constantino. Para consolidar aínda máis a súa posición e planeando levar á súa propia familia por encima da lexítima dinastía macedónica, Romano coroou a Cristovo como coemperador o 20 de maio de 921.<ref>Runciman (1929), pp. 65–66</ref> Ademais, cando a súa nai Augusta Teodora morreu en febreiro de 922, a súa esposa Sofía foi elevada á dignidade de Augusta xunto a Helena.<ref>Runciman (1929), p. 67</ref>.
 
En 927, como parte dun acordo de paz, a súa filla María, rebautizada Eirene/Irene («paz») para a ocasión, casou co emperador búlgaro Pedro I. Romano aproveitou a ocasión paira avanzar a Cristovo por diante de Constantino na precedencia, facéndoo primeiro entre o grupo de coemperadores (en 924, os seus irmáns menores Estevon e Constantino tamén foran coroados como coemperadores).<ref name="b1">Previté-Orton, Charles William (1975) ''[http://books.google.com/books?id=RXU5AAAAIAAJ&pg=PA256 Cambridge Medieval History, Shorter: Volume 1]''. «The Later Roman Empire to the Twelfth Century». [//es.wikipedia.org/wiki/Special:BookSources/0521099765 ISBN 0-521-09976-5] p. 256</ref><ref>Runciman (1929), pp. 67, 97</ref>. En 928, Nicetas tentou infrutuosamente incitalo a depor ao seu pai e foi desterrado. O motivo detrás de todo isto foi talvez a mala saúde de Cristovo e os temores da súa esposa e o seu sogro, de que a súa morte prematura causaría que perdesen o seu status.<ref>Runciman (1929), pp. 71–72</ref>. Cristovo morreu en agosto de 931, Romano lamentou moito a súa morte, derramou bágoas «como os exipcios» e despois diso dedicouse cada vez máis a actividades relixiosas. Pouco despois, Sofía tamén se retirou da corte e entrou nun mosteiro, onde morreu.<ref name="R78">Runciman (1929), p. 78</ref><ref>Grierson & Bellinger (1973), p. 526</ref>.
 
== Familia ==
A través do seu matrimonio con Sofía, Cristovo tivo tres fillos:<ref name="ODB1204">Kazhdan (1991), p. 1204</ref>
 
* María-Irene (? - ca. 965), emperatriz consorte de [[Pedro I de Bulgaria.]]<ref>Runciman (1929), pp. 78, 237</ref>.
* Romano, aínda neno no momento da morte de Cristovo. Segundo [[Zonaras]], foi favorecido polo seu avó, quen pensaba darlle o lugar do seu pai como coemperador, pero morreu pouco despois.
* Miguel, aínda neno ao momento da morte do seu pai, converteuse en clérigo cando a súa familia perdeu o poder en 945. Chegou a alcanzar altas dignidades como ''magistros'' e ''rhaiktor'', pero non se sabe nada máis da súa vida posterior.<ref>Runciman (1929), pp. 78, 234</ref>.
 
== Notas ==