Consello Consultivo de Galicia: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
ampliación de contido |
referencias |
||
Liña 1:
=== Funcións ===
O Consello Consultivo de Galicia emite ditame en cantos asuntos, relativos ás materias sexan sometidos á súa consulta pola [[Presidencia da Xunta de Galicia]], o [[Consello da Xunta]] ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia.
No desempeño da súa función ditaminadora exerce o control previo do rigor técnico xurídico das actuacións do órgano consultante, velando do ordenamento xurídico, sen estenderse en valoracións de oportunidade ou conveniencia, agás que así o solicite expresamente o órgano consultante. A consulta ao Consello Consultivo de Galicia é preceptiva en determinados casos, porén os seus ditames non serán vinculantes. Por outra banda, o Consello da Xunta poderá encomendar ao Consello Consultivo a redacción de anteproxectos lexislativos e a elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria. A súa realización deberá axustarse estritamente ao ámbito delimitado polos criterios expresados polo Consello da Xunta. Poderá tamén a Presidencia da Xunta de Galicia solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre calquera cuestión concreta cando sexan de transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, os alcaldes e presidentes de deputacións provinciais poden solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre cuestións concretas de especial transcendencia.<ref>{{Cita web|url=http://ccgalicia.es/pages/consello.html|páxina-web=ccgalicia.es|título=Consello Consultivo de Galicia · Qué e o Consello Consultivo de Galicia|data-acceso=2018-11-14}}</ref>
=== Composición<ref>{{Cita web|url=http://ccgalicia.es/pages/composicion.html|páxina-web=ccgalicia.es|título=Consello Consultivo de Galicia · Composición|data-acceso=2018-11-14}}</ref>===
Existen dúas categorías de conselleiros os electivos e os natos, teñen carácter nato os expresidentes da Xunta de Galicia.
|