Consello Consultivo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo da Xunta de..."
 
ampliación de contido
Liña 1:
O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo da Xunta de Galicia e das administracións públicas de Galicia, e actúa cdede xeito independente. Ten a súa sede no [[pazo de Amarante]] na rúa da Algalia de Abaixo en [[Santiago de Compostela]].
 
=== Funcións ===
O Consello Consultivo de Galicia emite ditame en cantos asuntos, relativos ás materias sexan sometidos á súa consulta pola [[Presidencia da Xunta de Galicia]], o [[Consello da Xunta]] ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia.
 
No desempeño da súa función ditaminadora exerce o control previo do rigor técnico xurídico das actuacións do órgano consultante, velando do ordenamento xurídico, sen estenderse en valoracións de oportunidade ou conveniencia, agás que así o solicite expresamente o órgano consultante. A consulta ao Consello Consultivo de Galicia é preceptiva en determinados casos, porén os seus ditames non serán vinculantes. Por outra banda, o Consello da Xunta poderá encomendar ao Consello Consultivo a redacción de anteproxectos lexislativos e a elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria. A súa realización deberá axustarse estritamente ao ámbito delimitado polos criterios expresados polo Consello da Xunta. Poderá tamén a Presidencia da Xunta de Galicia solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre calquera cuestión concreta cando sexan de transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, os alcaldes e presidentes de deputacións provinciais poden solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre cuestións concretas de especial transcendencia.
 
=== Composición ===
Existen dúas categorías de conselleiros os electivos e os natos, teñen carácter nato os expresidentes da Xunta de Galicia.
 
O seu actual presidente é [[José Luis Costa Pillado]]
{| class="wikitable"
|Presidente
|José Luis Costa Pillado
|-
|Conselleiros natos:
|Sr. Fernando Ignacio González Laxe
|-
|Conselleiros/as:
|Sr. Ignacio de Loyola Aranguren Pérez
|-
|
|Sr. José Abelardo Blanco Serrano
|-
|
|Sr. José Antonio Fernández Vázquez
|-
|
|Sr. Eduardo Antonio Sánchez Tato
|-
|Secretaría Xeral:
|Sr. José Ángel Oreiro Romar
|}