Pocahontas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xanetas (conversa | contribucións)
Engado información dende a versión en inglés
Liña 3:
''[[Ficheiro:Pocahontas001.jpg|miniatura|200px| O único retrato de Pocahontas feito en vida, un gravado realizado en [[Londres]] de [[1616]] por Simon van der Meer.]]
 
'''Mataoka''', coñecida como '''Pocahontas''' ou '''Amonute''', nada en [[1595]] e finada o [[21 de marzo]] de [[1617]] en [[Londres]], foi a filla maior do [[Xefe Powhatan]], xefe da confederación [[Algonquinos|algonquina]] en [[Virxinia]]. En [[lingua algonquina]], o seu verdadeiro nome era Matoaka, pero coñecíaselle polo seu alcume ''pequena licenciosa''. A súa vida foi recreada no cine en varias ocasións: ''[[The New World]]'', de [[Terrence Malick]], ou as versións de [[Walt Disney Pictures|Disney]] en ''[[Pocahontas (filme de 1995)|Pocahontas]]'' ([[1995]]) e ''[[Pocahontas II]]'' ([[1998]]). Nos derradeiros anos da súa vida foi coñecida como lady Rebecca Rolfe.
 
Foi capturada polos [[Pobo inglés|ingleses]] durante as hostilidades anglo-indias de [[1613]]. Durante o tempo que estivo presa, converteuse ao [[cristianismo]] e mudou o seu nome por Rebecca. Cando tivo a oportunidade de volver coa súa xente escolleu quedarse cos ingleses. En abril de 1614, con 17 anos, casou co empresario do [[Tabaco (planta)|tabaco]], [[John Rolfe]], e en xaneiro de 1615 deu a luz ao seu fillo [[Thomas Rolfe]].<ref>{{Cita web|url=https://www.nps.gov/jame/learn/historyculture/pocahontas-her-life-and-legend.htm|páxina-web=www.nps.gov|en=[[Servizo Nacional de Parques]]|título=Historia de Pocahontas|data-acceso=13 de novembro de 2018|lingua=en}}</ref>
 
En 1616 os Rolfe viaxaron a [[Londres]] e Pocahontas foi presentada perante a sociedade inglesa como exemplo de "salvaxe civilizada", coa esperanza de obter máis investimento no asentamento de [[Jamestown, Virxinia|Jamestown]]. Converteuse nunha celebridade, recibiu honores e asistiu a unha [[mascarada]] no [[palacio de Whitehall]]. En 1617, os Rolfe dispoñíanse a volver a [[Virxinia]] pero Pocahontas morreu en [[Gravesend]] por causas descoñecidas, aos 20 ou 21 anos.
 
En [[lingua algonquina]], o seu verdadeiro nome era Matoaka, pero entre os powhatan era común ter varios nomes para diferentes situacións polo que se coñecía tamén polos alcumes de ''Pocahontas'', que en algonquino significa ''pequena licenciosa'' e ''Amonute''.
 
Numerosos lugares e produtos nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] levan o seu nome. A súa historia foi idealizada ao longo dos anos e plasmada en arte, literatura e cine. Varios filmes foron realizados baseados en maior ou menor medida na súa vida como ''[[The New World]]'', de [[Terrence Malick]], ou as versións de [[Walt Disney Pictures|Disney]] en ''[[Pocahontas (filme de 1995)|Pocahontas]]'' ([[1995]]) e ''[[Pocahontas II]]'' ([[1998]]). Moitas personalidades dos Estados Unidos teñen afirmado ser descendentes dela, a través do seu fillo Thomas, como a [[primeira dama]] [[Edith Wilson]], muller do presidente [[Thomas Woodrow Wilson|Woodrow Wilson]], o actor [[Glenn Strange]], o cantante [[Wayne Newton]] ou o astrónomo [[Percival Lowell]].<ref>{{Cita web|url=http://www.slate.com/articles/health_and_science/science/2014/06/pocahontas_wedding_re_enactment_john_rolfe_john_smith_and_native_americans.html?via=gdpr-consent|páxina-web=www.slate.com|título=Pocahontas: fantasía e realidade|data-acceso=13 de novembro de 2018|lingua=en}}</ref>
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==