Brendon Hartley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*-íu. > -iu. (sen hiato).
elexible > elixible
Liña 26:
Logo dunha tempada na [[Fórmula Toyota]] de Nova Zelandia, Hartley trasladouse a Europa, competindo na [[Eurocup Formula Renault 2.0]] e [[Fórmula Renault 2.0]]. O neozelandés terminou 14º e 10º no campionato de pilotos na Eurocopa e a Copa de Europa do Norte (NEC), respectivamente, ocupando unha posición de podio en Anderstorp nesta última. O seu segundo ano na Fórmula Renault viuno quedar na Eurocopa, pero pasou da NEC ao [[Campionato Italiano de Formula Renault|campionato italiano]]. Ese ano logrou tres vitorias na Eurocup e tres podios no campionato italiano, e conseguiu o título do campionato na Eurocopa. En 2007, Hartley tamén fixo o seu debut no [[Masters de Fórmula 3]] na carreira de Zolder, acabando cuarto. Isto proporcionoulle unha proba co [[A1 Team New Zealand]] e o título de novato do ano.
 
En 2008, Hartley competiu na [[Fórmula 3 Británica]] con [[Carlin Motorsport]], gañou cinco carreiras e, finalmente, terminou o campionato en terceiro lugar, debido a unha maior cantidade de abandonos en comparación coa dos seus compañeiros de equipo, [[Jaime Alguersuari]] e [[Oliver Turvey]]. Cada un tiña dúas, mientras que Hartley tiña seis. Así mesmo, competiu en oito carreiras na [[Fórmula 3 Euroseries]] con Carlin e [[RC Motorsport]], e logrou dous finais nos puntos, aínda que non era elexibleelixible para puntos.
 
Por outra banda, Hartley terminou quinto no Masters de Fórmula 3, e fixo unha carreira sensacional no [[Gran Premio de Macao]] para terminar en terceiro lugar, logo de estrelarse na carreira de cualificación. Comezou 20º na grella e logrou a volta rápida en carreira.