Diferenzas entre revisións de «Forquita de replicación»

sen resumo de edición
m (→‎top: Arranxos varios, replaced:

(6))
[[Ficheiro:Replication fork.svg|200px|dereita|miniatura|Esquema do ''garfo de replicación''.
a) molde
b)cadea condutora
c)cadea retardada
d) '''forquita de replicación'''
e) ''[[primer]]''
f) [[Fragmento de Okazaki|fragmentos de Okazaki]]]]

A '''forcada de replicación''',<ref>Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. Xunta de Galicia. 2010. Páxina 84. [http://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicionario_bioloxia.pdf]</ref>, '''forquita de replicación''' ou '''garfo de replicación''' é unha estrutura que se forma dentro do núcleo da célula durante a [[replicación do ADN]]. Constitúe o resultado da acción de varias proteínas que teñen a finalidade de abrir a dobre cadea de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] para facilitar a replicación do [[material xenético]], sexa [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] ou [[ARN]]. É orixinado polas [[proteína]]s [[helicase]]s, que quebran as [[pontes de hidróxeno]] que ligan as dúas cadeas de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]].

Outras proteínas, as [[SSB]] (''single-stranded DNA binding proteins'' ou proteínas ligadoras de ADN monocatenario) contribúen a manter a estabilidade do garfo de replicación. Por último, outras proteínas como a [[proteína]] [[DnaA]] ou as [[topoisomerase]]s participan dunha ou doutra maneira na replicación. A estrutura resultante ten dúas ramificacións, cada unha das cales está formada por unha cadea de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]], e que son chamadas de cadea retardada (''lagging'') e cadea líder ou condutora (''leading''). A [[ADN polimerase]] vai adicionando posteriormente os novos [[nucleótido]]s para as cadeas de nova síntese, seguindo a [[complementariedade de bases]].
194.485

edicións