Rosa Luxemburg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
acude > acode
Liña 114:
”|[http://www.marxists.org/deutsch/archiv/luxemburg/1918/russrev/teil4.htm#n ''Die russische Revolution'']. Berlín. 1920 S. 109; Rosa Luxemburg|largo=34%|aliñamento=dereita}}
 
A crítica da política seguida por estes últimos faise aínda máis necesaria para Rosa Luxemburg.<ref>''[https://www.marxists.org/francais/luxembur/revo-rus/rrus1.htm La Révolution russe. Nécessité de la critique]'', Rosa Luxemburg, 1918.</ref> Denuncia entre outras cousas o sostén dos bolxeviques ás autodeterminacións nacionais, que lle parecen debilitar o proletariado ao reforzar o nacionalismo, así como a política de redistribución das terras polos bolxeviques, que para ela ameaza con levar á constitución dunha capa de pequenos propietarios inimigos potenciais da revolución, hostís ao socialismo.<ref>«A toma de posesión das terras polos campesiños, conforme á orde breve e lapidaria de Lenin e os seus amigos: «Ide e collede a terra!», conducía ao paso súbito e caótico da grande propiedade das terras non á propiedade social, senón a unha nova propiedade privada, e iso pola dispersión da grande propiedade nunha morea de pequenas e medianas propiedades […] por esa medida e a forma caótica, puramente arbitraria, en que foi aplicada, as diferenzas sociais no campo non foron suprimidas, senón todo o contrario, agravadas […]. A reforma agraria de Lenin creou para o socialismo nos campos unha nova e potente capa de inimigos, cunha resistencia moito máis perigosa e máis pertinaz do que era a aristocracia terratenente.» ''La Révolution russe'', Rosa Luxemburg, 1918.</ref> Dentro da óptica de Rosa Luxemburg, o «despece de Rusia»<ref name=rusia>«As dificultades obxectivas da situación, os bolxeviques agravárona eles mesmos por esta palabra de orde, que puxeron ó primeiro plan da súa política, o dereito dos pobos a dispoñer deles mesmos, ou o que se escondía en realidade detrás desta palabra de orde: o despece de Rusia». ''[https://www.marxists.org/francais/luxembur/revo-rus/rrus3.htm La Révolution russe]'', Rosa Luxemburg, 1918.</ref> polo dereito á independencia das nacións do ex-[[Imperio Ruso|Imperio ruso]] e o slogan do «dereito dos pobos a dispor de si mesmos»<ref name=rusia/> constitúen para as burguesías nacionais «un instrumento da súa política contrarrevolucionaria».<ref name=rusia/><ref>''[https://www.marxists.org/francais/luxembur/revo-rus/rrus3.htm La Révolution russe. Deux mots d'ordre petit-bourgeois]'', Rosa Luxemburg, 1918.</ref><ref>«o carácter utópico, pequeno-burgués, desta palabra de orde nacionalista consiste precisamente nisto, que na dura realidade da sociedade de clases, sobre todo nun período de antagonismos extremos, se transforma nun medio de dominación da clase burguesa.» ''La Révolution russe'', Rosa Luxemburg, 1918.</ref> Finalmente, critica o afogo da democracia política polos bolxeviques: se Rosa Luxemburg, como [[Clara Zetkin]] ou [[Franz Mehring]], aproba a disolución da Asemblea constituínte, lamenta que non fose seguida por novas eleccións,<ref>[[Heinrich August Winkler]], ''Histoire de l'Allemagne, XIXe-XXe siècle : Le long chemin vers l'Occident'', Fayard, 2005, páxinas 303-304</ref> e escribe: «A liberdade só para os partidarios do goberno, para os membros dun partido, por moi numerosos que sexan-, non é liberdade. A liberdade, é sempre a liberdade do que opina doutro xeito».<ref name=rusia2>''[https://www.marxists.org/francais/luxembur/revo-rus/rrus4.htm La Révolution russe.]'' Rosa Luxemburg, Capítulo 4, 1918</ref> Se para Rosa Luxemburg, «a ditadura socialista [...] non debe recuar diante de ningún medio de forza para impor certas medidas en interese da colectividade»,<ref name=rusia2/> estima que o poder leninista é «unha ditadura, é certo, non a do proletariado, senón a dun puñado de políticos, é dicir unha ditadura no sentido burgués».<ref name=rusia2/> Preconiza, pola contra, «a democracia máis ampla e máis ilimitada»,<ref name=rusia2/> e lembra que «é un feito absolutamente incontestable que sen unha liberdade ilimitada da prensa, sen unha liberdade absoluta de reunión e asociación, a dominación das amplas masas populares é inconcibible».<ref name=rusia2/> Para Rosa Luxemburg, hai que buscar as causas desta deriva tanto na concepción leninista do partido<ref name=rusia2/><ref>«A condición que supón tacitamente a teoría da ditadura segundo Lenin e Trostsky, é que a transformación socialista é unha cousa pola cal o partido da revolución ten unha receita preparada, que xa só se trata de aplicar con enerxía.» ''La Révolution russe'', Rosa Luxemburg, 1918.</ref> como nas condicións máis desfavorables da guerra mundial e do illamento de Rusia a nivel internacional.<ref name=rusia2/><ref>«E seguramente é así como procederían os bolxeviques se non sufriran a espantosa presión da guerra mundial, da ocupación alemá, de todas as consecuentes enormes dificultades, que deben necesariamente desfigurar toda política socialista animada coas mellores intencións e inspirándose nos principios máis fermosos.» ''La Révolution russe'', Rosa Luxemburg, 1918.</ref> Xunto con [[Leo Jogiches]], que a axuda a manterse ao día sobre os acontecementos, Rosa Luxemburg estima que os revolucionarios alemáns deben evitar a calquera prezo transformarse en satélites dos bolxeviques.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Ettinger|1990|p=266-269}}</ref> Xulga, porén, que o bolxevismo converteuse no «símbolo do socialismo revolucionario práctico, de tódolos esforzos da clase obreira para conquistar o poder» e considera que a revolución rusa está condenada se o proletariado do resto de países non acudeacode en axuda para conquistar o poder.<ref>{{harvsp|Frölich|1965|p=310-311}}</ref>
 
=== Revolución alemá ===