Diferenzas entre revisións de «Revue Numismatique»

Nova nota. Outros axustes.
(Créase o artigo, sobre a base na versión en francés e con achegas de contido, notas, ligazóns e referencias bibliográficas resultado de investigación particular.)
 
(Nova nota. Outros axustes.)
}}
 
'''''Revue Numismatique''''', cabeceira herdeira da anterior '''''Revue de la numismatique française''''', é unha [[revista científica]] [[Francia|francesa]] centrada no ámbito da [[numismática]], fundada en [[1835]] por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier, e actualmente vinculada organicamente á [[Société française de numismatique|Sociedade Francesa de Numismática]].<ref>A. D. (1842). </ref>
 
== Historia ==
Desde os inicios do [[Renacemento]], os príncipes e os [[Humanismo renacentista|humanistas]] amosaron interese pola numismática [[Idade Antiga|antiga]] e conformaron coleccións [[Moeda|monetarias]] dentro dos seus gabinetes de [[Antigüidade (obxecto)|antigüidades]]. No gabinete de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], instalado inicialmente en [[Versalles]] e posteriormente en París, está a orixe do actual [[Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia|Gabinete de Medallas]] da [[Bibliothèque nationale de France|Biblioteca Nacional de Francia]]. A partir do [[século XIX]], ese interese esténdese ás moedas nacionais e aparece unha comunidade de afeccionados, ansiosos por poderen debater e comunicar as súas descubesrtas.<ref>"[http://www.sfnumismatique.org/un-peu-dhistoire/#ffs-tabbed-11 Collectionneurs et numismates avant la Société]". ''Société française de numismatique''.</ref>
 
Neste contexto, en [[1835]] créase a ''Revue de la numismatique française'', da man dalgúns membros da Socedade Real dos Anticuarios de Francia e doutras sociedades [[Arqueoloxía|arqueolóxicas]] tanto francesas como doutros países, e dirixida nesta primeira etapa por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier. O seu primeiro número apareceu o ano seguinte, en [[1836]].<ref>Dumas, F. "[https://www.persee.fr/doc/numi_0484-8942_1987_num_6_29_1908 La création de la Revue de la numismatique françoise à travers la correspondance de Saulcy]". Revue Numismatique. 29. 1987. Páxinas 220-232. </ref>
 
O nacemento da revista foi, xa que logo, anterior ao da Sociedade Francesa de Numismática, xa que esta non se constituíu ata [[1865]].<ref>Wojan, F. (2014). Páxina 312.</ref> E non foi aínda ata case un século despois, en [[1958]], cando a revista pasou a depender organicamente da SFN, en condición de editora.<ref>Le Rider, G. et al. (1965). Páxinas 27-29.</ref><ref>Lafaurie, J. (1986).</ref>
17.515

edicións