Bieito XIII, antipapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
en secreto > en segredo
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito don
Liña 10:
Foi nomeado cardeal polo papa [[Gregorio XI]] nos turbulentos anos da sede de Aviñón. Acompañou ó pontífice cando, a instancias de Santa [[Catalina de Siena]], este foi a [[Roma]]. O papa Gregorio XI faleceu durante os preparativos para o seu regreso a Aviñón, fuxindo dos conflitos e revoltas en Roma.
 
Obrigados polo pobo romano, que irrompeu no [[conclave]] tirando unha porta e que ameazou con decapitalos, a maioría dos cardeais votaron ó futuro [[Urbano VI]]. Trala chegada dos restantes cardeais que non puideran acudir a Roma a tempo, consultouse a don Pedro de Luna sobre a lexitimidade do conclave, e cos datos aportados canonicamente entendeuse que non fora legal, xa que se votara por medo, non por convicción. Elixiuse entón a [[Clemente VII, antipapa|Clemente VII]], que volveu a Aviñón. Don Pedro de Luna foi legado deste pontífice durante 16 anos.
 
Á morte de Clemente VII en 1394, don Pedro foi elixido pontífice por 20 dos 21 votos, e tomou o nome de Bieito XIII. [[Francia]] opúxose a este papa que non era tan influenciable e que ademais era súbdito da [[Coroa de Aragón]]. Foi premido para que renunciase, ó que se negou alegando un dano irreparable á igrexa. Curiosamente, esta actitude súa foi a que a historia recordaría, xurdindo o dito popular castelán de ''Siguió en sus trece''. Aínda que nun momento dado houbo tres papas simultaneamente ([[Xoán XXII]], [[Gregorio XII]] e el), Bieito sempre aduciu que o seu papado era o válido dado que el era o único papa que fora elixido cardeal antes do [[Cisma de Occidente]], e por tanto o único realmente lexítimo. Pero finalmente, as teses conciliaristas, que defendían que o concilio era superior ó papa, triunfaron e foi deposto no [[concilio de Constanza]] xunto cos papas de Aviñón e Roma, deixando a [[Martiño V, papa|Martiño V]] como pontífice único en Roma. Martín V enviou a España a un legado coa misión de envelenar a don Pedro Luna, pero non tivo éxito. Don Pedro Martínez de Luna morreu en 1423 en [[Peñíscola]], a onde mudara a sede papal, no antigo castelo da [[Orde do Temple]].
 
Trala súa morte os seus cardeais elixiron ó seu sucesor, Gil Sánchez Muñoz, que tomou o nome de [[Clemente VIII, antipapa|Clemente VIII]], último papa da obediencia de Aviñón, no Salón do Conclave do castelo de Peñíscola, lugar onde residiu ata a súa abdicación en Martiño V. Esta tivo lugar en [[San Mateo, Castellón|San Mateo]], no [[Maestrazgo]] [[Provincia de Castelló|castellonense]], o 26 de xullo de 1429, principalmente debido ás presións políticas de [[Afonso V de Aragón]], inmerso na conquista do [[reino de Nápoles]]. Con esta abdicación deuse o Cisma por finalizado.