Henrique II de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito don
Liña 32:
|nai = [[Leonor de Guzmán]]
|escudo = Arms of the Crown Castile with the Old Royal Crest.svg}}
'''Henrique II de Castela''', nado en [[Sevilla]] o [[13 de xaneiro]] de [[1334]] e finado en [[Santo Domingo de la Calzada]] o [[29 de maio]] de [[1379]], foi [[Lista de monarcas de Castela|rei de Castela]], fillo ilexítimo de [[Afonso XI de Castela]] e Dona [[Leonor de Guzmán]] e como tal medio-irmán de [[Pedro I de Castela]].
 
== Biografía ==
Nado en [[Sevilla]], foi o cuarto dos dez fillos e fillas extramatrimoniais de [[Afonso XI de Castela]] e de dona [[Leonor de Guzmán|Leonor Núñez de Guzmán Ponce de León]] (tataraneta do Rei [[Afonso IX de León]]). Por orde de seu pai, foi criado e educado polo preceptor real don Rodrigo Álvarez Asturias, Conde de Trastámara (parente do propio monarca), quen en [[1345]] cedeu o título de Conde de Trastámara (de ''Trans Támaris'', "Máis alá do Río Tambre", en [[Galiza]]) a Don Henrique, como herdeiro legal seu. E con este título, conde de Trastámara, inaugurou a [[dinastía de Trastámara]] no [[Lista de reis de León|trono de Castela e León]] en 1369.
 
Tiña os alcumes de ''o magnífico'' e tamén ''el de las Mercedes'': dispensaba larguezas para apoiar as súas pretensións. Asasinada súa mai Leonor de Guzmán por orde da raíña D. María de Portugal (en [[1350]]), revolveuse contra o seu irmán [[Pedro I de Castela]], apoiándose no aliado [[Pedro IV de Aragón]]. Para algúns autores a morte da mai e do seu irmán D. Frederico ou Fradique, ás mans do rei, o seu irmán, fíxolle decidir lanzarse no camiño do crime, receando pola súa vida.
Liña 43:
Gobernou 10 anos apoiado pola Francia, na súa guerra contra as fillas de Pedro, alcumadas de bastardas. Asegurou o trono ao vencer a [[Fernando I de Portugal]] e [[Xoán de Gante]], Duque de Lancaster, pretendentes da Coroa castelá, e ao se aliar fielmente a Carlos V. En [[1372]] a súa frota cooperou por dúas veces para tomar dos ingleses [[La Rochelle]].
 
O [[23 de marzo]] de [[1369]] asasinou o irmán, don Pedro, colocando así un punto final no conflito que había moito se arrastraba e opuña os dous irmáns na loita polo poder. Este acontecemento traería graves consecuencias, xa que gran parte das cidades apoiaban o reinado de D. Pedro. Henrique parte para a [[Guerra dos Cen Anos]], pasando a maioría do seu reinado combatendo as pretensións de [[Xoán de Gante]], fillo de [[Eduardo III de Inglaterra]], que reclamaba o trono por dereito da súa segunda esposa, filla de Pedro.
 
Henrique II foi o primeiro nobre en utilizar o [[anti-semitismo]] como unha ferramenta [[política]] na [[España]], o que conduciu á extinción da ''convivencia'', e a un período de [[tumulto]]s e conflitos, e pode considerarse como precedente á persecución dos [[xudeu]]s pola [[Inquisición en España|Inquisición Española]], iniciada cen anos despois.
Liña 54:
 
# [[Xoán I de Castela]] ([[24 de agosto]] de [[1358]]- outubro de [[1390]])
# Bastardo, [[Afonso, conde de Xixón e Noroña]] chamado Afonso Henriquez, fillo de dona Elvira Iñiguez de la Vega: naceu en [[1355]] e morreu despois de [[1395]]. Casado en [[Burgos]] en [[1373]] con D. Isabel ([[1364]]-[[1395]]), filla bastarda de D. [[Fernando I de Portugal]]. Esta alianza consta dun dos artigos de paz que os dous reis celebraron. Con descendencia, inclusive os [[marqués de Anxexa|marqueses de Anxexa]] en Portugal.
# [[Pedro de Noroña]], morto en [[20 de agosto]] de [[1452]], arcebispo de Lisboa, que tivo fillos bastardos dunha D. Branca Perestrelo, muller de nobre condición.
# Tamén bastarda tida de dona Elvira Iñiguez de la Vega: Infanta Leonor de Castela ([[1363]]-[[5 de marzo]] de [[1415]] [[Olite]], sepultada en [[Pamplona]]). Raíña de Navarra, pois casou en Soria o [[27 de maio]] de [[1375]] con Carlos de Ebreux ([[1350]]-[[1425]]), en [[1387]] Rei da Navarra como [[Carlos III de Navarra]], ''o Nobre'', fillo de Carlos II e de Xoana de Francia. En [[1387]], pouco antes de el subir ao trono, Leonor fuxiu para Castela, ligándose a rebeldes. Sitiada no seu castelo de Roa, aprisionouse polo sobriño [[Henrique III de Castela]], ''el doliente'', que a devolveu ao marido en [[1395]]. Tiveron unha filla que foi Branca de Navarra ou de Ebreux, cuxo 2° marido foi [[Xoán II de Aragón]].
# Infanta Xoana de Castela. Tivo o seu casamento tratado, por volta de [[1378]], con Pedro de Aragón, morto en [[1385]], marqués de Villena.
# de dona Elvira, Infanta Constanza de Castela, señora de [[Alba de Tormes]]. Casada en [[Valencia]] en [[1379]] co Infante D. Xoán de Portugal (morto en [[1397]]) Marqués de Villena, Duque de Valencia.
# de Xoana de Cifuentes: Infanta Xoana de Castela, casada en [[1376]] co Infante Dinis de Portugal (morto en [[1397]]).
# de Beatriz Ponce de León: Federico de Castela, morto en [[1394]], en Almodóvar del Río. Duque de Benavente. Casou con Leonor de Albuquerque. Pais de Leonor de Castela ([[1392]]-[[1470]] en Calabazanos), casada en [[1408]] con Pedro Manrique de Lara, señor de Amusco.
# de Beatriz Ponce de León: Henrique de Castela ([[1378]]-1404), duque de Medina Sidonía.
# de Beatriz Ponce de León: Beatriz de Castela e Ponce de León (morto en [[1409]] en Sevilla) señora de Niebla. Casou en [[1371]] con Juan Alfonso de Guzmán (morto en [[1396]]), señor de Medina Sidonía e Sanlúcar, Conde de Niebla, descendente directo de Guzmán ''el Bueno''. Henrique II lle deu por dote o condado de Niebla. Os Pérez de Guzmán incorporaron así ao seu escudo os Castelos e os Leóns da Casa Real de Castela, dela descendentes por Dona Beatriz, filla e neta de reis. En 1445 Don Xoán II deu o título de duque de Medina Sidonia ao 3º conde de Niebla, Don Juan Alonso de Guzmán y Figueroa, quen acrecentou a as súas armas a Coroa Ducal.
# de Beatriz Fernández: Fernando de Castela ([[1365]]-[[1438]]), señor de Puenas e Alcazovas, casado con Leonor Sarmiento.
# de Beatriz Fernández, María de Castela, señora de Vilafranca, casada con Diego Hurtado de Mendoza.