Shabat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
→‎Sabbat wiccán: razóns para incluír o sabbat wiccán?, o artigo é sobre o sabbat xudeu non sobre o da wicca ou sobre o sabbat adventista ou calquera outro.
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 78:
Tomando como base o [[xudaísmo]], aceptouse a idea dun día de descanso semanal e observancia relixiosa nas outras relixións [[monoteísmo|monoteístas]], aínda que sexa o [[domingo]] no caso de [[Cristianismo]] ou o [[venres]] no caso do [[Islam]]. Aínda que manteñen certa similitude o ''Sabbath'' cristián e o Shabat [[xudaísmo|xudeu]] non é correcto pensar que son o mesmo. En [[lingua galega|galego]], Shabat pode entenderse como o día [[sábado]], pero só con fins de tradución literal, non no contexto [[relixión|relixioso]]. Non obstante, para os [[Igrexa Adventista do Sétimo Día|Adventistas do Sétimo Día]] o [[sábado]] non deixou de ser o "Día de Repouso"
 
== Sabbat wiccán ==
Na [[Wicca]] coñécese coma Sabbat ás oito foliadas solares anuais que se celebran en distintos meses do ano. Catro delas son estacionais, é dicir, marcan o paso das estacións (son dous equinoccios e dous solsticios). Os outros catro son festas que se crearon en honor a algunha divindade ou por mor das plantacións, do sementado e das recolleitas.
 
Os oito sabbats wiccáns son, por orde, os seguintes: [[Samaín]] ou Samhain, as [[Festas de Jól]] ou Yule, [[Imbolc]], [[Ostara]], [[Beltane]], [[Litha]], [[Lughnasadh]] e [[Mabon]].
 
Os estacionais son os chamados ''Sabbats menores'': Jól (solsticio de inverno), Ostara (equinoccio de primavera), Litha (solsticio de verán) e Mabon (equinoccio de outono).
 
Os ''Sabbats maiores'' son os seguintes: Samaín (1 de novembro), Imbolc (1 de febreiro), Beltane (1 de maio) e Lughnasadh (1 de agosto).
 
O '''Samaín''' é o ''ano novo wiccán'', que é celebrado o día 1 de novembro. Marca o final do ano natural.
 
== Nota ==