Ferrol: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Revisión da toponimia |
mSen resumo de edición |
||
Liña 61:
[[Ficheiro:Saneamiento El Ferrol del Caudillo.jpg|miniatura|180px|esquerda|Tapa de sumidoiros co nome ''El Ferrol del Caudillo'' en 2013]]
Sobre a orixe do nome existe a lenda dun santo bretón chamado ''Ferreol'', quen supostamente chegou ás costas de Ferrol nun barco entre un coro de sete sereas. Outra tradición cree que ''Ferrol'' provén de ''farol'', aludindo á figura heráldica que aparece no escudo de armas da cidade.<ref>{{Cita web |url=http://www.ferrol.es/documentos/guia_xeral_es.pdf |título=Guía Xeral da Cidade. Concello de Ferrol |data-acceso=08 de outubro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100927123943/http://www.ferrol.es/documentos/guia_xeral_es.pdf |dataarquivo=27 de setembro de 2010 |urlmorta=si }}</ref> Pero isto non pode ser porque, segundo os especialistas, a orixe do escudo de Ferrol se remonta unicamente ao [[século XVIII]], amais de diversas variantes empregadas ao longo do tempo, sen que se fora fixada, de acordo á lexislación aplicable dende a década de [[1990]], a composición heráldica de xeito oficial.<ref>{{Cita web |url=http://www.centrallibrera.com/burgoa/EscudodeFerrolWeb.htm |título=Carlos de Aracil – Juan J. Burgoa . ''El Escudo de Armas de Ferrol de la Ilustración''. FerrolAnálisis nº 21. |data-acceso=08 de outubro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080801033427/http://www.centrallibrera.com/burgoa/EscudodeFerrolWeb.htm |dataarquivo=01 de agosto de 2008 |urlmorta=si }}</ref>
A hipótese máis probable<ref>{{Cita libro|título="1. Galicia", en Toponimia hispánica. Origen y evolución de nuestros topónimos más importantes, pp. 13-14.|apelidos=Navaza|nome=Gonzalo|editorial=Denes|ano=2011|ISBN=978-84-92768-75-2|ref=}}</ref> considera que a orixe de ''Ferrol'' se encontra na toponimia [[Alta Idade Media|altomedieval]], a partir dun nome persoal, *''Ferrolus'', variante do latino ''Ferreolus'' ou derivado de ''Ferrus''. Este procedemento de denominación foi moi frecuente na toponimia galega: formábase a partir do xenitivo, nunha secuencia do tipo ''villa'' *''Ferroli''. As atestacións máis antigas son do século XI, coa mesma forma que xa ten na actualidade: ''Veyga de Ferrol'' (año 1085), "per terminos de sancto Juliano de ''Ferrol''" (1087), "medietatem de mea villa de ''Ferrol''" (1111), Ferrol (1212), "Petro Fernandit de ''Ferrol''" (1222), "Petrus Martini, iudicem de ''Ferrol''" (1226). == Xeografía ==
|