Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
[[Ficheiro:Logo of the United Methodist Church.svg|miniatura|220px|Símbolo da Igrexa Metodista Unida.]]
O '''metodismo''' ou '''movemento <span>metodista</span>''' é o nome que se dá habitualmente a un grupo numeroso e diverso de [[Confesión cristiá|denominacións cristiás]] do [[Cristianismo|cristianismo.]]. Historicamente, o metodismo orixinouse na [[Gran Bretaña]] do século XVIII e grazas á vigorosa actividade misioneira que foi despregada, estendeuse axiña polos dominios do [[Imperio Británico|Imperio británico]], os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e máis aló. Orixinalmente convocou especialmente a [[Traballador|traballadorestraballador]]es, granxeiros pobres e [[Escravitude|escravos.]] A súa teoloxía é claramente arminiana cunha énfase no feito de que a [[salvación]] é para todo aquel que a acepte. A súa liturxia é moi sinxela e clasifícase, segundo a tradición [[Comuñón Anglicana|anglicana]], como propia da Igrexa baixa. Calcúlanse 80 millóns de membros a redor de todo o mundo.<ref>{{Cita web|url=http://worldmethodistcouncil.org/about/member-churches/|apelidos=World Methodist Council|título=Member Churches}}</ref>
 
== Avivamento wesleyano ==
[[John Wesley]] deixou en claro que os seus motivos estaban enfocados á edificación e maduración na fe cristiá; e de ningún xeito tiña tinguiduras de buscar a fundación dunha nova [[Confesión cristiá|denominación cristiá]], cousa que, contra os seus desexos, foi ocorrendo.
 
Os primeiros metodistas reaccionaron contra o que eles percibían como apatía da [[Igrexa de Inglaterra]], empezaron a predicar ó aire libre e a estabelecer sociedades metodistas por todas as partes. Sobresaíron polos seus entusiastas sermóns e foron acusados a miúdo de [[Fanatismo|fanatismo.]]. Naqueles días, membros da igrexa estabelecida temeron que as novas e puxantes doutrinas propostas polos metodistas, tales como a necesidade dun Novo Nacemento salvación por graza, a Xustificación pola Fe, e a acción constante e sostida do [[Espírito Santo]] sobre a alma dos crentes para Perfeccionar e Santificar as súas vidas, producirían efectos prexudiciais sobre as mentes inxenuas. Theophilus Evans, un dos primeiros críticos do movemento, mesmo escribiu que era "tendencia natural do seu comportamento a de tolear á xente, mediante a voz, o xesto e as expresións horribles". Nun dos seus escritos, [[William Hogarth]] ataca así mesmo os metodistas tachándoos de "entusiastas" cheos de "credulidade, superstición e fanatismo". Pero os metodistas resistiron os numerosos ataques contra o seu movemento.
 
John Wesley tivo influencias dos Irmáns de Moravia e do teólogo holandés Xacobe Arminio, mentres que Whitefield adoptou puntos de vista máis próximos ó [[Calvinismo|calvinismo.]]. Por iso, os seguidores de Whitefield separáronse converténdose en Metodistas Calvinistas. Porén, a maioría das denominacións metodistas seguiron a Wesley en canto á súa teoloxía arminiana.
 
== Notas ==
381.287

edicións