Diferenzas entre revisións de «Lobeira»

m
* ''Igrexa de Santa Cruz/ feita de tella morena,/ dentro dela van rezar/ os ollos que me dan pena'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 89. No orixinal: ''de ela''. Refírese á parroquia de [[Santa Cruz de Grou, Lobeira|Santa Cruz de Grou]], no concello de Lobeira.</ref>.
* ''Iste pandeiro que toco/ non é meu, que é de Isabel,/ que llo pedín emprestado/ para ir ó San Miguel'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 90. Refírese á festa de San Miguel que se celebra no lugar de Gaiás (Santa Cruz de Grou, Lobeira) o 29 de setembro, aínda que Xaquín Lorenzo di en nota a rodapé que se fai o 29 de xullo.</ref>.
* ''Lubeira xa leva a fama/ das rapazas melendrosos;/ hei de ir alá ver se é certo,/ chamareilles cariñosas'' <ref name="ReferenceD">Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 91.</ref>.
* ''Lubeira xa ten a fama/ das feiras dos porcos bos;/ teño gana de ir a ela/ por ver se me axuda Dios'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 91.<name="ReferenceD"/ref>.
* ''Lubeiriña non ten auga,/ se non a ten eu lla darei:/ coas bágoas distes meus ollos/ todas terras regarei'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 91. No orixinal: ''se noa ten''.</ref>.
* ''Lubeiriña ten a fama,/ Lubeiriña a fama ten,/ Lubeiriña ten a fama/ de cantar e beillar ben'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 91.<name="ReferenceD"/ref>.
* ''Lubeiriña ten a fama/ do bon viño i augardente,/ ''de las rapazas bonitas/ y de los hombres valientes''' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 91.<name="ReferenceD"/ref>.
* ''Lubeiriña, viva, viva,/ Lubeiriña, viva ben;/ Lubeiriña ten a sona/ de cantar e beillar ben'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 91.<name="ReferenceD"/ref>.
* ''Lubeiriña, viva, viva,/ Lubeiriña, viva ben;/ vivan as mozas garridas/ e mailos mozos tamén'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 91.<name="ReferenceD"/ref>.
* ''Lugarciño de Facós/ de lonxe parece vila:/ ten un caravel na entrada/ i unha rosa na saída'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 91. No orixinal: ''saida''.</ref>.
* ''Mala morte mate ós homes/ i o pirmeiro sea o meu;/ o día que me il morrer/ vou ó San Bartolomeu'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 92. No orixinal: ''dia, íl''. San Bartolomeu da Fraga é unha parroquia do concello de Lobeira, que celebra a festa o 24 de agosto.</ref>.
* ''Mociños de alá de baixo,/ vinde rondar a Facós,/ que anque vos hai pouca auga/ os millos háivolos bos'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 104.</ref>.
* ''Morenos son os meus ollos,/ moreniños han de ser,/ de Lubeira os teus viñeron,/ non os volverei a ver'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 105. No orixinal: ''nonos, volveréi''.</ref>.
* ''Nesta rúa roxen cachos,/ seica se partiron olas;/ as mociñas de Facós/ son a flor das outras todas'' <ref name="ReferenceE">Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 107.</ref>.
* ''Nesta terra de Lubeira/ andan os lobos por ela;/ vámonos deiquí, meus ollos,/ meus ollos, vámonos dela'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 107.<name="ReferenceE"/ref>.
* ''Niste lugar 'de la Vila'/ non hai moza que apareza:/ quedou Rosa da Fachesa/ cun penedo na cabeza'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 108. Pode tratarse da Vila, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, ou da [[A Vila, Araúxo, Lobios|Vila]], lugar da parroquia de San Martiño de Araúxo (concello de Lobios); Xaquín Lorenzo non se decanta por ningún dos dous lugares.</ref>.
* ''Niste lugar 'de la Vila'/ non hai mozas que rondar;/ hai unhas poliñas novas,/ mozos, deixalas criar'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 108.</ref>.
* ''Niste lugar de Facós/ din que non hai fermosura:/ hai un moreno gracioso/ mais que todo o desemula'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 107.<name="ReferenceE"/ref>.
* ''Niste lugar de Facós/ levouno todo a xiada;/ só quedó un toupeallo/ por baixo dunha arribada'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 107. No orixinal: ''so, quedóu, de unha''. Alcúmase de ''toupello'' a persoa excesivamente pequena, grosa e fea.</ref>.
* ''Niste lugar de Facós/ non entra carro ferrado/ se non o trae o Manoel/ co burriño polo rabo'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 108. No orixinal: ''nono''. Na Galicia tradicional, o carro representaba un signo externo de riqueza, que reflictía tanto a posesión de gando para tirar del como de colleitas, leña, pedra, etc en cantidade tal como para necesitar un carro propio para o seu transporte. Aplicábase á riqueza persoal de quen se gababa de ter carro, así como á riqueza en gando e colleitas dunha determinada aldea: a falla de gado non permite xunguir o carro pra levar e traguer as cousas.</ref>.
* ''O entroido é moi goloso/ porque lle gusta o touciño;/ de Zabariz foi contente,/ que lle untaron o fuciño'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 117. Ten que referirise a [[Sabariz, San Xes de Vilariño, Lobeira|Sabariz]], lugar da parroquia de San Xes de Vilariño.</ref>.
* ''O lugar de Cabaleiros/ é un lugar moi sombrizo;/ prenden os amores nil/ coma o salgueiro no río'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 119. [[Cabaleiros, San Martiño de Grou, Lobeira|Cabaleiros]] é o único lugar da parroquia de San Martiño de Grou, no concello de Lobeira. Porén, Xaquín Lorenzo afirma que é o nome que recibe a terra onde asenta a parroquia, formada polos lugares de Valdoi, Paraño, Mosteiro e Valoiro. Hoxe os tres primeiros lugares xa non existen (na Limia Baixa) e [[O Valoiro, San Martiño de Grou, Lobios|O Valoiro]] é lugar da parroquia de San Martiño de Grou de Lobios.</ref>.
* ''O lugar de Santa Baia/ ó lonxe parece vila/ se non foran os piñeiros/ que ten no lado de riba'' <ref name="ReferenceF">Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 119.</ref>.
* ''O lugar de Vileriño,/ lugar de moito fanango;/ eu, por embourarme nil,/ a Vileriño vou tanto'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 119. ''Fanango'' non se recolle nos dicionarios, pode ser erro por ''fandango'' que, entre outros significados, é "''Desarreglo, confusión y desorden en las cosas: esta casa anda feita un fandango''" (Eladio Rodríguez). San Xes de Vilariño é parroquia do concello de Lobeira, pero a cantiga tamén podería referirise ó lugar de Vilariño, en Santa Cristina de Monte Longo (Lobeira) ou ó Vilariño de San Xoán de Randín (Calvos de Randín).</ref>.
* ''O lugar de Zabariz/ é un lugar moi sombrizo;/ prenden os amores nil/ como o salgueiro no río'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 119. Sabariz, lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira.</ref>.
* ''O lugarciño da Canle/ non é lugar nin aldeia:/ é o toco da raposa/ onde se o lobo paseia'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 119. [[A Canle, San Xes de Vilariño, Lobeira|A Canle]] é lugar da parroquia de San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira.</ref>.
* ''O lugarciño das Quintas/ parez unha sepultura,/ en cambio o de Santa Baia/ parez unha escoltura'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119). As Quintas e Santa Baia son dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira (Lobeira).</ref>.
* ''O lugarciño das Quintas/ todo nil é porcaría,/ en cambio o de Santa Baia/ todo nin é gallardía'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 119.<name="ReferenceF"/ref>.
* ''O lugarciño dos Chaus/ heino de fundir a tiros:/ as balas han de ser ouro/ i as municiós de sospiros'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 119. Chaos é lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira; Xaquín Lorenzo di que tamén pode referirse a un lugar chamado Chaus da Limia, en San Trocado de Santa Comba, parroquia do concello de Bande. Este segundo non consta no Nomenclátor.</ref>.
* ''O meu amor é larpeiro/ e comeume a nata toda;/ Nosa Señora do Viso,/ Nosa Señora mo tolla'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 120). A ermida de Nosa Señora do Viso levántase na parroquia de San Vicente de Lobeira.</ref>.
* ''Por ir ao baille/ da Ramallosa,/ por ir ao baille/ perdín a moza'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 134). Pode referirse a unha Ramallosa da Limia que era un anaco de monte preto de San Bartolomeu da Fraga (parroquia do concello de Lobeira), onde xa Xaquín Lorenzo só sitúa as ruínas de vellas cabanas de pastores. Supón máis probable que se trate dunha cantiga importada.</ref>.
* ''Pra cantar benhe, Facós,/ e pra beillar ben, A Vila,/ e pra mozas casadeiras/ ide aos lugares de riba'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 135). Facós e A Vila son lugares de San Vicente de Lobeira.</ref>.
* ''Quen me dera en Lubeira,/ quen en Lubeira me dera,/ que me dera en Lubeira,/ Lubeiriña, miña terra'' <ref name="ReferenceG">Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 137.</ref>.
* ''Quen me dera en Lubeira,/ quen en Lubeira me dera,/ que me dera en Lubeira,/ que estaba na miña terra'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 137.<name="ReferenceG"/ref>.
* ''Santa Baia é boa terra/ i a Vila pinta colores;/ Vileriño tras do Viso,/ Dios me retire os amores'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 141). Santa Baia e A Vila son dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira; [[Vilariño, Monte Longo, Lobeira|Vilariño]], lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo (Lobeira</ref>.
* ''Santa Baia, Santa Baia,/ Santa Baia é bo lugare;/ niste lugar hai boas mozas,/ todas saben traballare'' <ref name="ReferenceH">Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 141.</ref>.
* ''Santa Baia, vaia, vaia,/ e Meás é baselisco;/ os mociños de Facós/ son os que poñen o risco'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 141. Houbo un ''xogo do varapau'', de orixe portuguesa pero moi practicado na Limia, que consistía nunha especie de esgrima con paus. Se alguén quería desafiar a outro, facía unha raia no chan e se o outro se atrevía a pisala, comenzaba a loita; iso era ''pór o risco'', e considerábase sinal de valentía. Santa Baia, Meás e Facós son lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.</ref>.
* ''Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.</ref>.
* ''Santa María de Entrimo,/ Santa Marta de Lubeira,/ a muller que come a nata/ non pode te-la manteiga'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 141. No orixinal: ''tela''.</ref>.
* ''Santa Marta de Lubeira,/ Santa María de Entrimo,/ a muller que come a nata/ten a marca no fuciño'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 141.<name="ReferenceH"/ref>.
* ''Se che perguntan de onde es/ contéstalle en alta voz:/ Somos os mozos de Grou,/ solo temos medo a Dios'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 142. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.</ref>.
* ''Se tu viras o que eu vin/ na feira de Monterroso:/ o abade de Lubeira/ dacabalo dun raposo'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 147. No orixinal: ''vín, de un''.</ref>.
* ''Virxe do Viso querida,/ solo che quero pedir/ salú pra toda a parroquia/ i un bo mociño pra min'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 162. A ermida de Nosa Señora do Viso levántase na parroquia de San Vicente de Lobeira.</ref>.
* ''Viva Calvos e Corvelle,/ viva Parada i a Fraga,/ viva Quintas de Lubeira,/ mozas, as de Santa Baia'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 162. No orixinal: ''Corbelle''. Santiago de Calvos e Santa María de Corvelle son parroquias do concello de Bande; Santa Eufemia de Parada e San Bartolomeu da Fraga son parroquias do concello de Lobeira; As Quintas e Santa Baia, dous lugares da parroquia de San Vicente de Lobeira.</ref>.
* ''Viva Lubeiriña, viva,/ con todos seus arredores;/ terra de moitas castañas,/ vivan os apañadores'' <ref name="ReferenceI">Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 162.</ref>.
* ''Viva Lubeiriña, viva,/ viva Lubeira coma antes;/ cría mozas coma rosas/ e mozos coma xigantes'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 162.<name="ReferenceI"/ref>.
* ''Xa che me doi a cabeza,/ xa che me doi a moleira/ de cargar feixes de leña/ no montiño de Lubeira'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 163.</ref>.
* ''Xa fun ó matacarqueixas,/ xa caín no reboliña,/ os mociños de Facós/ ten a marca no fuciño'' <ref>Xaquín Lorenzo Fernández: ''Cantigueiro popular da Limia Baixa'' 1973, 164.</ref>.
393.002

edicións