Lodoïska: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Retiro os avisos de revisión de ortografía e de wikificar
m →‎Trama e música: Arranxos varios
Liña 44:
== Trama e música ==
 
A trama de Lodoïska pode asociarse como un desenvolvemento da ópera “O rapto no serrallo” de [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]], pero cun carácter máis melodramático. Cherubini equilibrou este [[melodrama]] escribindo grandes conxuntos dramáticos acompañados dun elenco heroico na música que se pode asociar a [[Ludwig van Beethoven|Beethoven]]. Aínda existe a austeridade neoclásica propia da escritura familiar de Medee e que non é en absoluto italiana, pero tamén se pode escoitar un vínculo distinto entre o mundo sonoro da escritura orquestal de Cherubini e a de Beethoven. Lodoïska require dunha [[soprano]] e dous [[Tenor|tenorestenor]]es que poidan combinar a flexibilidade co poderío vocal. A ópera ábrese cunha dramática aria para Titzikan que claramente leva a voz ao seu límite de rexistro. O primeiro acto dedícase case exclusivamente ás voces masculinas, coa utilización dun trío e un cuarteto dramático e heroico. O acto conclúe cun extenso onde Cherubini trae a Lodoïska por primeira vez converténdose nun golpe dramático.
 
O segundo acto abre cunha gran aria de Lodoïska, un acompañato dramático seguido dunha aria en dúas partes e unha sección lenta encantadora seguida doutra dramática e rápida. Cherubini volve mostrar a súa gran habilidade cos conxuntos, xa que temos un excelente cuarteto con coro para Lodoïska, Lysinka, Varbel e Altamoras.