Vésperas sicilianas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m →‎Antecedentes: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/>
Liña 38:
Á morte de Federico II en [[1250]], o papa [[Inocencio IV]] viu a oportunidade de librarse dos [[Hohenstaufen]] e colocar no trono siciliano a un príncipe favorábel a el. Xa que fora a Santa Sede a que outorgara Sicilia aos normandos no século XI, o pontífice consideraba que quen fora monarca de Sicilia era vasalo seu, e podía, polo tanto, dispoñer do reino ao seu antollo. Nun principio propuxo a coroa siciliana ao irmán do [[rei de Inglaterra]], pero non houbo acordo e foi rexeitado. En cambio, en xuño de [[1263]] [[Carlos de Anjou]], irmán do rei [[Luís IX de Francia]], culminou unha alianza co papado e aceptou a coroa, sendo investido como rei de Sicilia polo papa [[Urbano IV]], e coroado nunha cerimonia celebrada en [[Roma]] en [[1266]]. O papa tamén nomeou a Carlos senador de Roma e ''protector'' de [[Florencia]], polo que quedou como xefe do partido [[Güelfos e xibelinos|güelfo]] (partidario do papa) contra os [[Güelfos e xibelinos|xibelinos]] (partidarios do emperador). Carlos, na súa ambición, vía en Sicilia unha cabeza de ponte para conquistar o [[imperio Bizantino]].
[[Ficheiro:Palazzo Reale di Napoli - Carlo I d'Angiò.jpg|miniatura|260px|esquerda|[[Carlos de Anjou]], coroado como [[Carlos I de Sicilia]]<br/>Palacio Real de Nápoles.]]
 
Pero, á hora da verdade, cinguir a coroa e contar co apoio do [[papa]] non equivalía realmente a posuír o Reino. En efecto, pese a que o Reino de Sicilia se encontraba nunha situación inestábel (debida en parte a que o propio pontífice se dedicara a fomentar as tensións entre a nobreza feudal do Reino), todo o territorio seguía en mans dos [[Hohenstaufen]]. Ocupaba o trono [[Manfredo de Sicilia|Manfredo]], fillo ilexítimo de Federico II. Carlos de Anjou armou un poderoso exército e dirixiuse ao sur de [[Italia]], onde derrotou aos sicilianos na [[Batalla de Benevento (1266)|batalla de Benevento]] ([[26 de febreiro]] de [[1266]]), na que morreu Manfredo.