George Harrison: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
talla > talle
m Arranxos varios, replaced:

(16)
Liña 4:
| lenda = George Harrison
| nome completo = George Harrison<ref name="shawstar">{{cita web |url=http://www.shawstar.com/music/george_harrison.htm |título=George Harrison biography |publicación=shawstar.com |lingua=inglês |dataacceso=6-09-2012}}</ref>
| alias = Carl Harrison
L'Angelo Misterioso
Hari Georgeson
Nelson/Spike Wilbury
George Harrysong
George O'Hara-Smith
| naceu = [[25 de febreiro]] de [[1943]]
| orixe = [[Liverpool]] ([[Inglaterra]]) {{GBR}}
| morreu = [[29 de novembro]] de [[2001]] (58 anos)
[[Os Ánxeles]] ([[California]]) {{USA}}
| ocupación = [[Cantante]], [[compositor]], [[músico]], [[produtor musical]] e [[produtor cinematográfico]]
| xénero = [[Música rock|Rock]], [[soft rock]], [[música de india]], [[pop rock]], [[blues rock]]
Liña 13:
| tipo de voz = [[Contralto]]
| selo = [[Parlophone]], [[Capitol]], [[Apple]], [[EMI]], [[Dark Horse]]
| relacionado con = [[The Quarrymen]]
[[The Beatles]]
[[John Lennon]]†
[[Paul McCartney]]
[[Ringo Starr]]
[[Traveling Wilburys|The Traveling Wilburys]]
[[Eric Clapton]]
[[Jeff Lynne]]
[[Roy Orbison]]
[[Tom Petty]]
[[Bob Dylan]]
| tempo en activo = 1958–2001
| web = [http://www.georgeharrison.com GeorgeHarrison.com]
Liña 103:
O seguinte álbum de Harrison, ''[[Living in the Material World]]'', sería publicado en 1973. O seu primeiro single, "[[Give Me Love (Give Me Peace on Earth)]]" brindaríalle o seu segundo nº1 en Estados Unidos, mentres "Sue Me Sue You Blues" serviría de mofa ao proceso xudicial que estaba desenvolvendo McCartney para disolver de forma oficial [[The Beatles]]. Cun son máis intimista e unha lírica máis espiritual e filosófica, o álbum mantívose no primeiro posto das listas de éxitos estadounidenses durante cinco semanas. En setembro de 2006, unha reedición do álbum con "Deep Blue" e "Miss O'Dell" como temas extra, así como con DVD, alcanzaría o posto nº38 do [[Billboard]] Pop Catalog Chart.

En 1974, viu a luz ''[[Dark Horse (álbum)|Dark Horse]]'', á vez que daba inicio a unha xira polos Estados Unidos. A xira foi duramente criticada pola duración do acto principal, a cargo de [[Ravi Shankar]], e pola voz rouca de Harrison debida a unha [[larinxite]]. Aínda así, o álbum alcanzou o posto nº5 nas listas de éxitos estadounidenses, aínda que as críticas desfavorables e o pouco interese suscitado provocarían que ''Dark Horse'' non entrase nas listas de éxitos británicas. O single "[[Dark Horse (canción)|Dark Horse]]" alcanzaría o posto nº15 nas listas de Billboard.

Durante o período de preparación para a xira estadounidense, abriu oficinas en La Brea Avenue de [[Os Ánxeles]] para o seu futuro selo discográfico, [[Dark Horse Records]]. Dentro das oficinas coñecería á súa segunda muller, [[Olivia Trinidad Arias]], asignada para traballar no selo xunto a Terry Douran de Apple e Jack Oliver. A súa relación sentimental daría froitos a partir da xira, ata que en 1978 contraerón matrimonio.

O seu último álbum de estudo baixo o selo [[Apple Records|Apple]], ''[[Extra Texture (Read All About It)]]'', foi publicado en 1975, do cal se extraeron dous singles: "[[You (canción de George Harrison)|You]]", que alcanzou o Top 20 das listas de [[Billboard]], e "[[This Guitar (Can't Keep From Crying)]]", que supuxo o último single editado por [[ Apple Records| Apple]] e o primeiro sinxelo dun Beatle que non entrou nas listas estadounidenses.

Tras a saída de [[John Lennon]], George Harrison e [[Ringo Starr]] do selo [[EMI]] ([[Paul McCartney]] permanecería nel ata que en [[2007]] fichara por [[Starbucks|Hear Music]]), a compañía discográfica tivo liberdade para editar o traballo do grupo e dos seus compoñentes en solitario nun mesmo álbum, utilizando a Harrison como experimento en ''[[The Best of George Harrison]]'', na que se combinaban os seus éxitos compostos en [[The Beatles]] e en solitario. Ao mesmo tempo, Harrison viuse envolvido en problemas coa industria discográfica. Durante a gravación do seu primeiro álbum en [[Dark Horse Records]], ''[[Thirty Three & 1/3]]'', Harrison viuse afectado de [[hepatite]], atrasando a súa publicación e incumprindo unha cláusula do contrato asinado previamente coa distribuidora A&M. Tras ser denunciado, [[Warner Bros. Records]] fíxose cargo da distribución do seu selo, permitíndolle suficiente tempo para recuperarse da enfermidade e gravar o álbum.

''[[Thirty Three & 1/3]]'' supuxo un considerable éxito tras os seus dous álbums anteriores, alcanzando o posto nº11 nas listas de éxitos estadounidenses. O primeiro single, "This Song", supón unha sátira do proceso xudicial polo "plaxio inconsciente" de "He's So Fine" de [[The Chiffons]], mentres "Crackerbox Palace" sería posteriormente publicado como segundo single.

Tras o seu segundo matrimonio con Olivia Trinidad Arias e o nacemento do seu primeiro e único fillo [[Dhani Harrison]], Harrison emprendería a gravación do seu álbum [[epónimo]], ''[[George Harrison (álbum)|George Harrison]]'', publicado en 1979 cos singles "Blow Away", "Love Comes To Everyone" e "Faster". Tanto o álbum como o primeiro single alcanzaron o Top 20 nas listas de éxitos de [[Billboard]].
=== 1980-1990 ===
[[Ficheiro:George-Harrison-playing.jpg|miniatura|alt=Harrison in his forties, wearing a white shirt and a black jacket, playing a white acoustic guitar and standing behind a microphone. A drummer is partly visible behind him.|George Harrison en [[The Prince's Trust]], en [[1987]] tocando "[[Here Comes The Sun]]", [[Wembley Area]]]]
En 1980, Harrison convértese no primeiro Beatle en escribir, unha autobiografía, titulada ''I Míneme''. O publicista de [[ The Beatles]] [[ Derek Taylor]] axudoulle na ardua tarefa de escribir o libro, publicado inicialmente por Genesis Publications. Aínda que a biografía de Harrison conta algunhas anécdotas da súa etapa cos Beatles, céntrase na súa maioría nos hobbies do artista, desde a xardinería ata a [[Fórmula Un]].

Tras o [[asasinato de John Lennon]] o [[8 de decembro]] de [[1980]], Harrison sufriu unha grave conmoción, debido en parte ao seu escaso contacto con Lennon e ao enfado deste por non verse mencionado na súa autobiografía.<ref>{{cita web
Liña 125:
| dataacceso= 22 de abril do 2018
| idioma=Inglés
}}</ref> A morte de Lennon forzou a Harrison a rodearse de medidas de seguridade na súa mansión de Friar Park, en Henley- on- Thames. Pouco despois, modificou a letra de "[[ All Those Years Ago]]", canción que compuxera nun principio para Ringo e que posteriormente serviu de tributo a Lennon no seu álbum ''[[ Somewhere in England]]''. Con [[ Ringo Starr]] na batería e con [[ Paul McCartney| Paul]] e [[Linda McCartney]] nos coros, tanto o álbum como o sinxelo, publicados en 1981, recibiron boas recensións por parte da crítica musical, alcanzando o posto nº2 nas listas de éxitos estadounidenses.

Tras a publicación en 1982 de ''[[Gone Troppo]]'', George Harrison viuse apartado do mundo da música un total de cinco anos para dar prioridade a outras afeccións. Durante este tempo, aparecería publicamente no especial ''Carl Perkins and Friends'', con Ringo Starr e Eric Clapton entre os invitados, e gravaría unha canción para a banda sonora de "Porky's Revenge" e o tema "I Don't Want To Do It" de [[Bob Dylan]]. En 1987, regresaría con ''[[Cloud Nine]]'', un dos seus álbums máis loados pola crítica, producido por [[Jeff Lynne]], alcanzando o seu terceiro número 1 en Estados Unidos co single " Got My Mind Set On You". " When We Was Fab", un tema retrospectivo da súa etapa con [[The Beatles]], supuxo tamén un notable éxito. O álbum alcanzou o posto nº 8 nas listas de éxitos estadounidenses e o nº 10 nas británicas, dando a Harrison o seu mellor resultado desde ''[[Living in the Material World]]''.
Liña 131:
Durante a gravación do tema " Handle With Care" reuniría no garaxe de Bob Dylan a [[Tom Petty]], [[Jeff Lynne]] e [[Roy Orbison]]. O que nun primeiro momento sería a cara B do single "This Is Love" acabaría converténdose na primeira canción gravada por [[Traveling Wilburys|The Traveling Wilburys]], ao considerar a compañía discográfica que o tema era demasiado bo para relegalo a un segundo plano. O primeiro álbum do grupo, gravado en apenas dúas semanas antes de que dese comezo a xira de Bob Dylan, foi publicado en outubro de 1988 co nome de ''[[Traveling Wilburys Vol. 1]]'' e cos nomes dos músicos ocultos tras [[pseudónimo]]s.

Unha das empresas desenvolvidas por Harrison durante a época foi a produtora cinematográfica [[Handmade Films]], pouco despois de que EMI Films rexeitase o proxecto ''[[Monty Python's Life of Brian|Life of Brian|]]'', dos [[ Monty Python]]. Handmade Films financiou o proxecto, dando inicio a unha listaxe de películas producidas pola compañía de Harrison entre as que figuran ''Mona Lisa'', ''Time Bandits'', ''Shanghái Surprise'' e ''Withnail and I''. Nalgunhas delas, Harrison chegou mesmo a realizar cameos, como no caso de "Shanghái Surprise" como cantante dun club nocturno, e caracterizado como Mr. Papadopolous en ''Life of Brian''. Un dos cameos máis memorables foi como reporteiro na parodia de [[The Beatles]] ''[[The Rutles]]'', creada por [[Eric Idle]]. A pesar de todo, Handmade Films entraría en quebra debido á mala administración e ás demandas que afectaron as finanzas de Harrison.

A comezos de 1989, George Harrison, Lynne e Starr participaron na gravación do tema "I Won't Back Down", de [[Tom Petty]], onde George toca a guitarra eléctrica. Ese mesmo ano ten lugar a publicación do segundo recompilatorio da carreira musical de Harrison, ''[[Best of Dark Horse 1976-1989]]'', cos éxitos da súa etapa baixo o selo [[Dark Horse Records]]. o álbum inclúe dous temas gravados para a ocasión, "Poor Little Girl" e "Cockamamie Business", así como o tema da banda sonora ''[[Arma Letal 2|Lethal Weapon 2]]'' " Cheer Down".