James Connolly: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo de pais emigrantes irlandeses, deixou a escola para traballar ós once anos, e posteriormente converteuse nun dos líderes políticos da esquerda do seu momento. É posible que entrase no Exército británico ós catorce anos, sendo destinado a [[Dublín]], onde supostamenteao parecer coñeceu áa que sería a súa esposa.
 
En [[1892]] era unha figura importante da [[Federación Socialista Escocesa]], converténdose en secretario xeral da mesma tres anos máis tarde. En [[1896]] deixou o Exército e formou o Partido Republicano Socialista Irlandés. Mentres se encontraba en chan británico, foi un dos fundadores do [[Partido Laborista Socialista]], que se separou da Federación Socialdemócrata en [[1903]]. Era a man dereita de James Larkin no Sindicato de Traballadores Transportistas. En [[1913]] en resposta ó [[peche patronal]] dese ano, formou o [[Exército Cidadán Irlandés]], un grupo de traballadores adestrados e armados que loitaban por defender ós traballadores e organizaban folgas. Tan só estivo formado por unhas 250 persoas. O seu obxectivo último era o establecemento dunha nación irlandesa socialista e independente, libre da ocupación británica.