Jean-Andoche Junot: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 13:
A súa amizade cun banqueiro prexudicouno, ao demandar un empréstamo feito a Bonaparte, polo que foi de contado enviado fóra da Franza en [[1806]], nesta ocasión como gobernador de [[Parma]], e con a misión de afogar unha insurrección. Volto a Franza en [[1807]], recobrou o seu posto de gobernador militar de París, ´mais o seu tren de vida fastuoso e os extravíos de conduta forzaron o seu relevo.
 
As súas extravagancias levárono a un cuarto exilio: foi posto ao mando do exército destinado a invadir [[Portugal]] en [[1807]]. Partindo desde [[Salamanca]] en novembro, tomou [[Lisboa]] a inicios de decembro. Foi entón nomeado duque de Abrantes e gobernador de Portugal. Mais cando os británicos desembarcaron en agosto de 1808, foi derrotado na [[batalla dedo Vimeiro]] e aillado do resto do exército francés; grazas á asinatura da [[convención de Sintra]] evitou a súa captura. Voltou para Franza. Tornou de novo á [[peninsula Ibérica]] en [[1810]], con o exército dirixido por [[André Masséna]]; nesta ocasión foi herido de gravedade. Acabaría sendo derrotado polo xeneral británico [[Arthur Wellesley|Wellington]].
 
En [[1809]], estaba con a [[Grande Armée]] (Gran Exército), participando na [[campaña de Austria]]. Colaboraría aínda nas campañas de [[España]] ([[1810]]) e de [[Rusia]] ([[1812]]). Porén o seu estado de saúde mental non era satisfactorio.