Wikipedia:Spam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
-{{en uso}}
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Atallo|WP:SPAM}}
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
Facer '''''spam''''' consiste en engadir contido á Wikipedia coa intención de promocionarpromover ou publicitarfacer unhapublicidade dunha organización, individuo ou idea externa, e considérase prexudicial para a enciclopedia, polo que non se debe [[Wikipedia:Romper a edición|perturbar a Wikipedia]] con ''[[spam]]''. En caso de atopar ''spam'', debe eliminarse ou reescribirse o contido para eliminalo. Na Wikipedia danse tres tipos principais de ''spam'': Os anuncios que se enmascaran como artigos e contribucións ós mesmos, o ''spam'' de [[WP:EXT|ligazóns externas]] e o ''spam'' nas referencias coa intención de promocionarpromover a un autor ou obra particular.
 
==Anuncios enmascarados como artigos==
Os artigos que se consideran anuncios enmascarados inclúen aqueles que promocionanpromoven un negocio, produto ou servizo, ou están redactados en formas de nota pública deseñada para promocionarpromover unha compañía ou un individuo. O ''spam'' nos artigos da Wikipedia adoita detectarse polo uso de linguaxe comercial e a inclusión de ligazóns externas a páxinas web comerciais. Porén, é necesario diferenciar correctamente os artigos que constitúen ''spam'' dos artigos lexítimos sobre entidades comerciais.
 
Cando un artigo sobre un tema enciclopédico presenta unha redacción promocional, xeralmente pode reescribirse seguindo un [[WP:PVN|punto de vista neutral]]. Porén, os artigos que tentan enmascararse como artigos lexítimos de forma flagrante deben [[Wikipedia:Eliminación rápida|eliminarse]] ó momento. Isto tamén aplica a páxinas no espazo de nomes de usuario. En caso de dúbidas, os artigos potencialmente promocional publicados na Wikipedia poden [[Wikipedia:Votacións para borrar|propoñerse para o seu borrado]]. En ocasións parte ou a totalidade do contido promocional deberá eliminarse ó momento se [[Wikipedia:Dereitos de autoría|viola os dereitos de autoría]] de terceiros, xa que o ''spam'' adoita estar copiado doutros sitios web de terceiros. Antes de eliminar por completo un artigo promocional, é desexable procurar no historial do propio artigo se existe unha versión aceptable do mesmo, e nese caso reverter a esa última versión aceptable do mesmo.
 
==''Spam'' de ligazóns externas e referencias==
{{VTVéxase tamén|Wikipedia:Ligazóns externas}}
Engadir ligazóns externas a un artigo ou páxina de usuario co único propósito de promocionarpromover un sitio web ou un produto non está permitido e considérase ''spam''. Malia que unha ligazón particular pode ser axeitada en determinadas circunstancias, na maioría dos casos engadir de forma repetida unha mesma ligazón dará lugar ó borrado da mesma.
 
===''Spam'' de citas===
O ''spam'' de citas consiste no uso impropio ou ilexítimo das citas ao pé ou as referencias. Este tipo de ''spam'' é unha forma de optimización en motores de procura ou promoción que habitualmente consiste na inserción repetida dunha cita ou referencia particular en múltiples artigos por parte dun só editor. Xeralmente estas citas e referencias se engaden non para verificar o artigo do contido, senón para poboar un gran número de artigos cunha cita particular. Engadir citas a unha obra de autoría propia ou substituír ligazóns válidas, mortas ou non, con outras ligazóns a sitios comerciais ou [[blog]]s propios son dous tipos de ''spam''. O uso das citas e referencias con este obxectivo é unha forma sutil de facer ''spam'', polo que non deben confundirse coas edicións de boa fe que teñen a única intención de verificar o contido do artigo e axudar na construción da enciclopedia.
 
===''Spam'' de ligazóns de afiliado===
Aínda que estean relacionadas co tema do artigo ou sexan unha páxina oficial do mesmo, as ligazóns externas que conteñan códigos de afiliación ou de comisión considéranse ''spam''. Se a páxina web ligada é axeitada sen eles, deben eliminarse todos estes tipos de códigos do enderezo URL ligado.
 
===''Spam'' de vídeos ===
Engadir ligazóns a vídeos en liña gratuítos que promocionenpromoven un sitio web ou un produto non está permitido. É habitual que estes vídeos estean cargados de forma que violan os dereitos de autoría dos autores orixinais, o que engade un motivo adicional para non ligalos. Un vídeo pode considerarse ''spam'' se:
* Inclúe un cartel ou texto que cubre unha parte do vídeo e que liga ou apunta a unha páxina web.
* Inclúe un texto na páxina do vídeo que dirixe ós lectores cara a unha páxina comercial específica.
Como excepción considérase que un vídeo non é ''spam'' se fai referencia ó sitio oficial asociado ó propio artigo da Wikipedia no que se inclúe. Malia que tódalas ligazóns do vídeo nestes casos deberían ser lexítimas, cómpre avalialos con xuízo. Se por exemplo un vídeo publicado no sitio oficial dun filme só fai promoción comercial de produtos asociados co propio filme, considérase ''spam'' malia facer referencia ó propio filme.
 
===''Spam'' de libros e outras publicacións===
O ''spam'' de libros e outras publicacións consiste na inserción repetida de texto que menciona unha obra concreta para chamar a atención sobre a propia obra, en lugar de contribuír ós artigos. Xeralmente isto faise engadindo unha obra ou varias nas seccións de referencias e bibliografía de varios artigos, aínda que estas obras non se utilicen como fontes para a información fornecida nos propios artigos.
 
==Como non facer ''spam''==
{{VT|Wikipedia:Conflito de intereses}}
En ocasións a xente chega á Wikipedia coa intención de facer ''spam'', creando artigos que son simples anuncios ou autopromocións, ou engadindo ligazóns externas de forma masiva a un sitio web determinado. Porén, hai xente que fai ''spam'' na Wikipedia sen ter esa intención, sen decatarse de que as súas accións non son correctas para a construción da enciclopedia.
 
As seguintes indicacións teñen a intención de axudar a non facer ''spam''. Isto é, como mencionar un sitio web, produto, negocio ou outro recurso sen parecer que se está intentando abusar da Wikipedia para realizar unha promoción.
 
#'''Revisa as túas intencións.''' A Wikipedia [[WP:NON#BLOGUE|non é un espazo de promoción persoal]] nin de [[WP:NON#PROPAGANDA|promoción de produtos, servizos, páxinas web ou ideoloxías]].
Liña 39:
#'''Non engadas unha ligazón externa na túa sinatura.''' Revisa as [[Wikipedia:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa|restricións ás sinaturas]].
 
==''Spambots''==
Un ''spambot'' é un proceso automatizado que vandalizafai unhavandalismo nunha wiki engadindo ''spam'' de forma masiva ós artigos e ás páxinas de usuario, ou creando páxinas de ''spam'' de forma masiva. Operar un ''spambot'' en calquera proxecto da Wikipedia está [[wmf:Terms_of_Use/gl#4._Restricións_de_certas_actividades|prohibido]] polos [[wmf:Terms_of_Use/gl|Termos de uso]] de Wikimedia. Os administradores deben [[Wikipedia:Política de bloqueo|bloquear]] a calquera [[Wikipedia:Bots|bot]] non autorizado que realice accións consideradas como ''spam''.
 
{{Políticas}}