Xesús Ferro Ruibal: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións) m →Traxectoria: Completo info Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil |
|||
Liña 6:
== Traxectoria ==
Rematou os estudos de Filoloxía e Teoloxía no Seminario de [[Santiago de Compostela]] en [[1965]], e de Filoloxía Clásica en [[Roma]] en [[1969]]. Foi membro do grupo Os irmandiños, un grupo de cregos e seminaristas que apostaban pola galeguización da igrexa. Colaborou na tradución ó galego do [[Novo Testamento]] (en [[1978]]) e da [[Biblia]] (en [[1989]]), obra esta última pola que recibiu o Premio Nacional de Tradución en [[1990]].
O 17 de xuño de 1995 foi elixido membro numerario da [[Real Academia Galega]], por proposta de [[Constantino García González]], [[Carlos Casares Mouriño]] e [[Andrés Torres Queiruga]], e ingresou o [[4 de maio]] de [[1996]]. Como cabía esperar, o seu discurso de ingreso versou sobre a fraseoloxía: ''Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre''<ref>{{Cita web |url=http://www.realacademiagalega.org/academy/speechs/Ferro%20Ruibal.pdf |título=Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre |data-acceso=10 de novembro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120111145457/http://www.realacademiagalega.org/academy/speechs/Ferro%20Ruibal.pdf |dataarquivo=11 de xaneiro de 2012 |urlmorta=si }}</ref>, e foi respondido por Carlos Casares.
|