Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Conflito de intereses»

m (Bot: Cambio o modelo: NavPolíticas)
#: ''Por que recomendamos isto?'' Animamos a que a xente [[Wikipedia:Verificabilidade|identifique fontes válidas]] para construír un artigo, mesmo se é dunha compañía propia. As persoas próximas a un tema habitualmente coñecen máis referencias útiles para o tema que outros alleos a el. Non obstante, ir na contra daqueles artigos sobre competidores non é unha práctica tolerada, especialmente se non se revelou esta implicación directa.
# '''Evite ligar''' cara ao artigo da Wikipedia, a súa [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxina de usuario]] ou a páxina web da súa organización desde outros artigos.
#: ''Por que recomendamos isto?'' A Wikipedia medra cando a xente conecta os artigos e achega ligazóns cara a recursos externos. Con todo, a Wikipedia tamén debe impedir comportamentos promocionais inapropiados e o [[Wikipedia:Spam|spam]] disfrazado en forma de citas. A xente implicada no asunto é propensa a considerar estas ligazóns máis importantes do que realmente son.
# '''Evite incumprir''' as políticas e normas sobre contidos; en especial, aquelas relacionadas co [[Wikipedia:Punto de vista neutral|punto de vista neutral]], a [[Wikipedia:Verificabilidade|verificabilidade]] e as [[Wikipedia:Autobiografía|autobiografías]].
#: ''Por que recomendamos isto?'' Aterse ás políticas de contido é obrigatorio para todos os usuarios, non só para aqueles cunha conexión co tema. Porén, a xente cunha relación directa cun asunto ten máis posibilidades de incumprir estas políticas.