Wikipedia:Spam: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
-{{en uso}}
Liña 1:
{{en uso}}
{{Atallo|WP:SPAM}}
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
Facer '''spam''' consiste en engadir contido á Wikipedia coa intención de promocionar ou publicitar unha organización, individuo ou idea externa, e considérase prexudicial para a enciclopedia, polo que non se debe [[Wikipedia:Romper a edición|perturbar a Wikipedia]] con spam. En caso de atopar spam, debe eliminarse ou reescribirse o contido para eliminalo. Na Wikipedia dánsedanse tres tipos principais de spam: Os anuncios que se enmascaran como artigos e contribucións ós mesmos, o spam de [[WP:EXT|ligazóns externas]] e o spam nas referencias coa intención de promocionar a un autor ou obra particular.
 
==Anuncios enmascarados como artigos==
Os artigos que se consideran anuncios enmascarados inclúen aqueles que promocionan un negocio, produto ou servizo, ou están redactados en formas de nota pública deseñada para promocionar unha compañía ou un individuo. O spam nos artigos da Wikipedia adoita detectarse polo uso de linguaxe comercial e a inclusión de ligazóns externas a páxinas web comerciais. Porén, é necesario diferenciar correctamente os artigos que constitúen spam dos artigos lexítimos sobre entidades comerciais.
 
Cando un artigo sobre un tema enciclopédico presenta unha redacción promocional, xeralmente pode reescribirse seguindo un [[WP:PVN|punto de vista neutral]]. Porén, os artigos que tentan enmascararse como artigos lexítimos de forma flagrante deben [[Wikipedia:Eliminación rápida|eliminarse]] ó momento. Isto tamén aplica a páxinas no espazo de nomes de usuario. En caso de dúbidas, os artigos potencialmente promocional publicados na Wikipedia poden [[Wikipedia:Votacións para borrar|propoñerse para o seu borrado]]. En ocasións parte ou a totalidade do contido promocional deberá eliminarse ó momento se [[Wikipedia:Dereitos de autoría|viola os dereitos de autoría]] de terceiros, xa que o spam adoita estar copiado doutros sitios web ddede terceiros. Antes de eliminar por completo un artigo promocional, é desexable procurar no historial do propio artigo se existe unha versión aceptable do mesmo, e nese caso reverter a esa última versión aceptable do mesmo.
 
==Spam de ligazóns externas e referencias==
Liña 22 ⟶ 21:
Engadir ligazóns a vídeos en liña gratuítos que promocionen un sitio web ou un produto non está permitido. É habitual que estes vídeos estean cargados de forma que violan os dereitos de autoría dos autores orixinais, o que engade un motivo adicional para non ligalos. Un vídeo pode considerarse spam se:
* Inclúe un cartel ou texto que cubre unha parte do vídeo e que liga ou apunta a unha páxina web.
* IncluéInclúe un texto na páxina do vídeo que dirixe ós lectores cara a unha páxina comercial específica.
Como execpciónexcepción considérase que un vídeo non é spam se fai referencia ó sitio oficial asociado ó propio artigo da Wikipedia no que se inclúe. Malia que tódalas ligazóns do vídeo nestes casos deberían ser lexítimas, cómpre avalialos con xuízo. Se por exemplo un vídeo publicado no sitio oficial dun filme só fai promoción comercial de produtos asociados co propio filme, considérase spam malia facer referencia ó propio filme.
 
===Spam de libros e outras publicacións===