Salvador Velayos Hermida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
retrasar > atrasar
Liña 7:
Especializouse en [[ferromagnetismo]], disciplina que foi obxecto das súas investigacións. Desde 1930 foi profesor auxiliar da Facultade de Ciencias de Madrid ata que en febreiro de 1936 gañou a cátedra de Física Teórica e Experimental da Facultade de Ciencias da [[Universidade de Valencia]]. Antes da guerra publicou traballos de investigación en revistas científicas españolas e alemás.
 
Republicano de esquerdas, durante a guerra traballou para o exército republicano na fabricación de fonolocalizadores para a [[defensa antiaérea]] (sistema para a detección de bombardeos en distancia e dirección). Por este labor foi inculpado do “retraso”“atraso” da vitoria dos sublevados.
 
Ao remate da guerra foi xulgado por rebelión en [[consello de guerra]], sendo absolto, e tamén como funcionario do Instituto Nacional de Física y Química, do que tamén librou de sanción. Pero foi sancionado polo Tribunal Especial da Universidade de Valencia: pese á declaración favorable do seu colega Julio Palacios (Vicerreitor de Madrid), quen o descargaba das acusacións que era obxecto, o xuíz especial da súa causa solicitou a suspensión de emprego e soldo por dous anos e a inhabilitación, sanción que se veu temperada polo traslado forzoso á [[Universidade de Valladolid]] e á inhabilitación para cargos directivos e de confianza. Logo de pasar quince anos en Valladolid explicando Física Xeral, onde fixo escola, retornou a Madrid en [[1956]], mediante oposición a unha cátedra de [[Electromagnetismo]].