Vitoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
Fonte de Wallace
m Arranxos varios, replaced: [[File: → [[Ficheiro:, |thumb| → |miniatura|
Liña 138:
 
Na terceira semana de xullo ten lugar anualmente o [[Festival de Jazz de Vitoria]], polo que pasaron músicos como [[Ella Fitzgerald]], [[Dizzy Gillespie]], [[Miles Davis]], [[Chick Corea]], [[Bobby McFerrin]] ou [[Wynton Marsalis]], quen compuxo un álbum de homenaxe ó festival.
[[FileFicheiro:Fonte de Wallace en Vitoria.jpg|thumbminiatura|[[Fonte de Wallace]] no centro de Vitoria]]
O festival de rock independente [[Azkena Rock Festival]] converteuse nun dos máis importantes do estado, traendo a bandas como [[Pearl Jam]], [[Iggy Pop]] & [[The Stooges]], [[Wilco]], [[Queens of the Stone Age]], [[Bad Religion]], [[Deep Purple]] ou [[Fun Lovin Criminals]].
 
Liña 166:
[[Ficheiro:Vitoria - San Pedro 17.JPG|230px|miniatura|esquerda|Pórtico Vello, igrexa de San Pedro]]
*[[Museo das Ciencias Naturais de Vitoria|Museo das Ciencias Naturais]]. Está instalado na Torre de Doña Otxanda, un exemplo de arquitectura medieval. É ademais un centro de investigación e divulgación das Ciencias Naturais.
 
*[[Museo de Arqueoloxía de Vitoria|Museo de Arqueoloxía]]. Aloxado nunha casa de entramado de madeira do século XVI, expón dolmens, esculturas romanas atopadas en Áraba e pezas medievais.
 
*[[Museo Fournier de Naipes]]. Ten como sede o pazo de Bendaña. A fabricación de naipes foi unha das actividades máis características de Vitoria. No museo expóñense máis de 6.000 barallas, algunhas delas moi antigas.
 
*[[Museo de Belas Artes de Vitoria|Museo de Belas Artes]]. Nunha mansión renacentista, o museo mostra tallas do século XIV, trípticos flamengos do XVI, cadros de mestres españois como Ribera, e pintura moderna española, con obras de [[Picasso]] ou [[Zuloaga]] entre outros. O museo presta especial atención á pintura costumista vasca.
 
*[[Museo de Armería de Álava]]. Moi cerca do anterior, nel pódense ver armas de tódalas épocas, desde hachas prehistóricas ata pistolas do século XX. Hai unha gran colección de armamento medieval e a reconstrución da [[batalla de Vitoria]], librada en 1813 durante a guerra da Independencia.
 
*[[Pazo de Montehermoso de Vitoria|Centro Cultural Montehermoso]]. Edificio do século XVI, na actualidade moi reformado. Historicamente tivo varios usos. En 1994 deixou de ser a sede da Diocese de Vitoria, e en 1997, coa anexión do antigo Depósito de Augas, converteuse no Centro Cultural Montehermoso, concibido como espazo de exposicións artísticas e representacións musicais.
 
*Praza da Virxe Branca. É o centro neurálxico da cidade. Alí conflúen algunhas das rúas máis típicas do casco antigo e do Ensanche. Está rodeada de casas antigas con miradores acristalados. No seu centro érguese un monumento conmemorativo da [[batalla de Vitoria]].
 
*Praza Nova. É unha gran praza porticada concibida polo arquitecto [[Antonio de Olaguibel]] en 1781 para unir o casco antigo co novo Ensanche, daquela en construción. Un dos elementos máis importantes do conxunto é a Casa Consistorial, de decoración neoclásica.
 
*Los Arquillos. Esta rúa asoportalada construíuse entre os séculos XVIII e XIX. Por medio dunha serie de edificios escalonados sálvase o desnivel existente entre a cidade antiga e o ensanche. Descende desde a praza do Machete ata a parte traseira da praza de España.
 
*[[Ajuria Enea|Pazo de Ajuria Enea]]. Desde 1980 é a sede do [[goberno vasco]] e residencia oficial do [[Lehendakari]]. Foi construído en 1918 como residencia da familia de Serafín Ajuria, e é un exemplo da arquitectura vasca da época.